Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

Nova canle de comunicación de sospeita de enfermidade profesional

14-03-2018 - Consellería de Sanidade do Servizo Galego de Saúde

Este novo circuito facilita a comunicación que os médicos do Servizo Galego de Saúde e dos Servizos de Prevención teñen a obriga de realizar ante un cadro clínico de sospeita de enfermidade profesional á entidade xestora ou colaboradora (INSS, Mutua, empresa colaboradora) que asuma as continxencias profesionais da empresa, segundo se indica no anexo 5 do RD 1299/2006 de enfermidades profesionais.

Así, os médicos do Servizo Galego de Saúde a través da Historia Clínica electrónica accesible dende a plataforma IANUS, así como os médicos dos Servizos de Prevención a través da web, terán acceso ao Formulario de comunicación de sospeita, que deberán cumprimentar no caso de que detecten un cadro clínico que teña relación co traballo que realiza o/a doente, segundo se recolle no RD 1299/2006 de enfermidades profesionais.

Esta información chegará, pasando pola administración sanitaria, á entidade xestora ou colaboradora que asuma as continxencias profesionais da empresa (INSS, Mutua ou empresa colaboradora) que é a entidade obrigada a realizar a declaración oficial de enfermidade profesional a través da aplicación CEPROSS.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS