Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

Informe anual da Inspección de Traballo

11-02-2015 - ITSS

O Ministerio de Emprego e Seguridade Social publicou o Informe anual da Inspección de Traballo e Seguridade Social 2013. Neste informe reflíctense o conxunto das actividades realizadas pola Inspección de Traballo, adicando un capítulo específico á prevención de riscos laborais.

Destacamos dentro deste apartado:

- Das 1.247.092 actuacións realizadas en 340.031 empresas inspeccionadas, 340.120 foron en materia de prevención de riscos laborais.

- Do total de 344.046 visitas realizadas, 78.847 (22,92%) realizáronse en temas relacionados coa prevención de riscos laborais.

- O maior número de actuacións inspectoras relacionadas con axentes específicos que causan enfermidades profesionais foi por amianto.

- En 2013 formalizáronse 140 paralizacións de obras, traballos ou tarefas pola existencia de risco grave e inminente para a seguridade e a saúde dos traballadores (94 en construción, 25 en servizos, 19 en industria e 2 en agricultura e pesca).

- As actuacións realizadas en materia de prevención de riscos laborais por sectores de actividade económica foron: construción (35,12%), industria (17,31%), servizos (43,78%) e agricultura (3,80%).

- Nos 8.968 accidentes investigados, detectáronse 2.692 infraccións en prevención de riscos laborais, ascendendo o importe das sancións propostas a 12.511.556 €.

- O total de accidentes investigados en xornada laboral con baixa e " in itínere" pola Inspección de Traballo foi de 8.968. Destes, 4.721 foron leves; 3.532, graves; 153, moi graves e 562, mortais.

Ligazón ao Informe anual da Inspección de Traballo e Seguridade Social 2013

Ligazón aos informes de anos anteriores.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS