Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

Campaña da EU-OSHA para persoal temporero

21-09-2021 - EU-OSHA

Promover unhas condicións de traballo xustas e seguras entre o persoal temporero da UE é o obxectivo da campaña da Autoridade Laboral Europea «Dereitos para todas as tempadas». A EU- OSHA participa na semana de acción do 20 ao 24 de setembro coa publicación dun folleto informativo e unha infografía para informar as persoas traballadoras temporeras sobre os seus dereitos para gozar dunhas condicións de traballo seguras e saudables.

A campaña transcorre entre xuño e outubro de 2021 e céntrase no sector agroalimentario. Agora é particularmente importante xa que a pandemia de COVID-19 agravou as condicións do colectivo  temporero, que se expón a riscos maiores relacionados coa seguridade e a saúde no traballo.

As persoas traballadoras  temporeras de toda a UE teñen dereito á seguridade e a saúde no traballo. Con todo, a miúdo están expostas a unhas condicións de vida e de traballo precarias, que se viron empeoradas pola pandemia de COVID-19. A campaña «Dereitos para todas as estacións», posta en marcha pola Autoridade Laboral Europea para o sector agroalimentario, ten por obxectivo concienciar sobre os dereitos deste colectivo e os servizos dos que dispoñen.

Ligazón ao folleto informativo (Este folleto da campaña é unha guía fácil para as persoas  temporeras con información relativa aos seus dereitos, os riscos aos que poden enfrontarse e as responsabilidades das persoas que as empregan. Ademais, destaca onde poden obter axuda en caso necesario e contén ligazóns a outra información útil) e á infografía

Ligazón aos recursos de utilidade para as empresas en relación co persoal temporero en tempos de COVID-19

Ligazón á campaña «Dereitos para todas as estacións»

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS