Co financiamento de:
/ Portada / Actuación preventiva

Accidentes recorretes: caídas dende cubertas

04-11-2022 - OSALAN

Este tipo de accidentes repítense frecuentemente, observándose un aumento nos últimos anos, e sendo a maioría de veces GRAVES ou MORTAIS. Prodúcense en gran parte en cubertas de naves industriais fráxiles, durante traballos de reparación (mesmo revisións previas para pequenas reparacións de pingueiras, cambio de lucernarios ou limpeza dos mesmos); substitución completa; ou, ultimamente tamén, ao instalar placas fotovoltaicas.

CAUSAS PRINCIPAIS IDENTIFICADAS

• Falta de ESTUDO e PLANIFICACIÓN previa dos traballos para realizar, incluíndo a falta de ACCESOS SEGUROS á zona de traballo.

• Falta de Avaliación de Riscos, Documento de Xestión Preventiva da obra ou Plan de Seguridade e Saúde ou Falta de CONTROL e VIXILANCIA do seu cumprimento.

• REALIZACIÓN de tarefas puntuais sen adoptar as medidas de seguridade necesarias: traballos previos de valoración ou medición, traballos non previstos, tarefas non asignadas, etc.

• NON UTILIZAR ou atoparse en MAL ESTADO, os EPIs postos a disposición por parte da empresa (liñas de vida, sistemas anticaídas...)

• Existencia de OCOS DESPROTEXIDOS; colocación de redes baixo forxado, colocación de varandas, protección de ocos verticais, lucernarios, etc.

• Non realizar unha CORRECTA DELIMITACIÓN e SINALIZACIÓN da ZONA DE TRABALLO e os seus riscos.

• FORMACIÓN/INFORMACIÓN insuficiente ou non adecuada para desempeñar os traballos.

MEDIDAS PREVENTIVAS

• Realizar ESTUDO E PLANIFICACIÓN dos traballos previamente a executalos. Así mesmo, prever ACCESOS SEGUROS a zona de traballo.

• REALIZAR a E.R., DXP ou PSS previamente a comezar os traballos e CONTROLAR e VIXIAR o cumprimento das MEDIDAS PREVENTIVAS contempladas nos devanditos documentos.

• NON REALIZAR ningún tipo de tarefa, traballo previo de medición, traballos puntuais non previstos, etc. SEN as MEDIDAS PREVENTIVAS necesarias.

• UTILIZAR os EPIs postos a disposición. Estes deberán estar en CORRECTO ESTADO.

• PROTEXER TODOS Os OCOS, facendo uso de varandas perimetrais, redes baixo forxado, protección de ocos verticais ou lucernarios, etc.

• DELIMITAR e SINALIZAR a zona de traballo e os seus riscos.

• Imprescindible FORMACIÓN/INFORMACIÓN adecuada ás tarefas para realizar.

Ligazón á ficha "Alerta. Accidentes recorrentes. CAÍDAS DENDE CUBERTAS"

Ligazón á ficha "Alertak. Istripu Errepikatuak: ESTALKIETATIK ERORTZEA"

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS