Co financiamento de:
/ Medio ambiente

Sismo causado pola extracción de gas

05-04-2013 - Medio ambiente

O terremoto de magnitude 5,6 que sacudiu Oklahoma en 2011 foi causado por procedemento coñecido como fracturación hidráulica, segundo científicos en Estados Unidos. O sismo, de magnitude 5,6 na escala de Richter, foi o principal rexistrado na historia do estado e sería maior vinculado até agora á polémica tecnoloxía de extracción de gas. Nun estudo publicado na revista Geology, científicos da Universidade de Oklahoma, o Servizo Xeolóxico de Estados Unidos e a Universidade de Columbia advirten sobre os potenciais de miles de sitios de fracturación hidráulica no país, e chaman a un maior monitoreo por parte das autoridades. Con todo, o servizo xeolóxico do estado sostén que o sismo debeuse a causas naturais. O terremoto do 6 de novembro de 2011 deixou dous feridos e destruiu 14 fogares.

A fractura hidráulica, ou fracking, é unha técnica para extraer gas natural de xacementos non convencionais. Trátase de explotar o gas acumulado nos poros e fisuras de certas rocas sedimentarias estratificadas de gran fino ou moi fino, xeralmente arcillosas ou margosas, cuxa pouca permeabilidade impide a migración do metano a grandes bolsas de hidrocarburos. Para iso é necesario realizar centos de pozos ocupando amplas áreas (a separación entre eles rolda entre 0,6 a 2 km) e inxectar neles millóns de litros de auga e area cargados cun cóctel químico e tóxico que posibilite a extracción do gas, ampliando as fracturas no substrato rocoso que pecha o gas e permitindo a súa saída.

Entre so problemas medioambientais que conleva a utilización desta técnica podemos citar o gran consumo de auga, a contaminación das augas subterráneas, a contaminación atmosférica, a emisión de gases de efecto invernadoiro (metano), terremotos (sismicidad inducida), contaminación acústica e impactos paisaxísticos.

 

Fontes: bbc.co.uk, greenpeace.es

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS