Co financiamento de:
/ Medio ambiente

Primeiro mapa-mundi de residuos electrónicos

27-01-2014 - RESIDUOS

Por primeira vez, un mapa interactivo presenta información detallada sobre a cantidade de residuos que produce cada país elaborado por iniciativa da organización "Solving the L-Waste Problem (StEP) Initiative" un consorcio formado por diversas organizacións das Nacións Unidas, a industria, e organizacións gobernamentais e non gobernamentais así como asociacións científicas.

Aínda que que a maioría destes produtos electrónicos usados están destinados á súa eliminación, pouco a pouco van frutificando os esforzos realizados nalgunhas para a súa reciclaxe e reutilización.

O mapa indica, para 184 países, a cantidade de produtos electrónicos (calquera obxecto que conteña unha batería ou un cable de conexión á rede) posta anualmente no mercado e que cantidade de residuos se xeran posteriormente. No conxunto do planeta, o ano 2012 producíronse 48,9 millóns de toneladas de residuos electrónicos, case 7 quilos por persoa, unha cantidade que se espera sexa un 33% superior o ano 2017.

O maior produtor de equipos electrónicos foi China, con 11,1 millóns de toneladas, seguido de Estados Unidos, con 10 millóns. En cambio, no tocante aos residuos a orde inverteuse: Estados Unidos xerou 9,4 millóns de toneladas e China, 7,3 millóns de toneladas, poñendo de manifesto o maior consumo no pasado deste tipo de dispositivos nos Estados Unidos.

Cando estas cifras se establecen por persoa, o panorama cambia substancialmente, pois os norteamericanos xeran 29,8 quilogramos por persoa e ano de residuos electrónicos, por só 5,4 quilogramos os chineses, case seis veces menos.

O informe do MIT, pola súa parte, analiza o destino dos 258 millóns de ordenadores, monitores, televisores e teléfonos móbiles que foron desbotados nos Estados Unidos no ano 2010 aínda que recoñece que non existen informacións fiables sobre o destino final deses equipos, debido a deficiencias na súa codificación nas transaccións internacionais. Da cifra anterior, aproximadamente dous terzos foron recicladas e o 8,5% exportáronse como unidades completas, se ben se sospeita que moitas outras se exportaron por pezas soltas.

O informe resalta a necesidade de que se estableza unha codificación apropiada das pezas soltas que permita coñecer cal é o seu destino final.

Acceso ao Mapa interactivo

Acceso ao Informe do MIT

Fonte: Nanowerk


Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS