Co financiamento de:
/ Medio ambiente

Os efectos na saúde das centrais térmicas de carbón

05-12-2017 - IIDMA

O Instituto Internacional de Dereito e Medio Ambiente (IIDMA), elaborou un informe sobre a contaminación que as 15 centrais térmicas de carbón españolas provocaron no ano 2014; entre os datos que recolle figuran 459 enfermidades cardiovasculares e respiratorias, 709 mortes prematuras polo carbón, máis de 10.500 novos episodios de asma en nenos, 163.326 días de traballo perdido e 747.686 días de actividade restrinxida (cando unha persoa non pode levar a cabo a súa actividade habitual por mala saúde); as perdas económicas sitúanse entre 800 e case 1.700 millóns de euros anuais

O estudo sinala que é preciso realizar máis investimentos en enerxías renovables, “cada vez máis competitivas respecto doutras tecnoloxías convencionais, para avanzar cara a un modelo de desenvolvemento que protexa a nosa saúde, permita frear o cambio climático". Segundo a directora do IIDMA “o Goberno e as administracións autonómicas e locais deben tomar medidas urxentes para reducir os niveis de contaminación atmosférica cumprindo coas normativas establecidas pola OMS: as centrais térmicas que se acolleron ao Plan Nacional Transitorio e sigan funcionando a partir do ano 2020, deben cumprir cos límites de emisión esixidos pola normativa europea, algo que agora están a incumprir”. Segundo este traballo, o Goberno debe actuar con urxencia para reducir a contaminación atmosférica e pechar todas as centrais térmicas de carbón antes de 2025, "non pode negar as evidencias científicas e debe apostar polo peche progresivo das centrais térmicas de carbón para frear o cambio climático e cumprir así co Acordo de París”.
Máis información, Instituto Internacional de Dereito e Medio Ambiente, IIDMA

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS