Co financiamento de:
/ Medio ambiente

O mal estado dos mares europeos

02-07-2015 - AXENCIA EUROPEA DO MEDIO AMBIENTE

O primeiro informe sobre o estado de dos mares de Europa, publicado pola Axencia Europea de Medio Ambiente, confirma que os nosos mares non están nin limpos nin sans e, aínda que na actualidade son produtivos, poderían deixar de selo se continúa a degradación dos ecosistemas mariños, e conclúe que o mal estado do medio mariño europeo non cadra coas ambicións de crecemento da UE no marco da "economía azul".

A preocupación elévase ante a perda de biodiversidade, a degradación do ecosistema en todos os mares de Europa e o feito de que só o 4% das especies mariñas se achen en bo estado aínda que o obxectivo fixado para o 2020 era do 100%.

Ricardo Aguilar, director de investigación de Oceana en Europa, comenta "Dos resultados despréndese que un dos maiores obstáculos para mellorar o estado dos mares europeos é a falta de datos sistemática sobre o medio mariño. A UE debe investir para recompilar máis datos e de maior calidade, xa que en moitos casos non se sabe en que sitios se encontra unha especie ou hábitat específico, cales están ameazados ou que cambios se están a producir. Sen esta información, como imos comezar sequera a xestionar axeitadamente as actividades humanas".

E Lasse Gustavsson, director executivo de Oceana en Europa, afirma que "Os mares europeos non poden soportar durante moito máis tempo a presión que exercen na actualidade as actividades humanas. Non se trata só do medio, senón tamén de nós: ao levar os ecosistemas mariños ao límite, estamos a xogar coa nosa seguridade alimentaria e co crecemento económico". "A mensaxe aos líderes da UE é clara: quedan menos de cinco anos para devolver a saúde aos mares europeos e non hai tempo de vacilacións nin atrasos".

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS