Co financiamento de:
/ Medio ambiente

Nova ISO 14001

17-09-2015 - Organización Internacional de Normalización

Coa publicación da nova versión da Norma Internacional ISO 14001, dase por concluído o traballo realizado durante os tres últimos anos por 121 expertos de 88 países, entre eles AENOR (Asociación Española de Normalización e Certificación). Un dos obxectivos desta revisión, levada a cabo no seo do Comité Técnico internacional de Normalización de Xestión Ambiental de ISO (ISO/TC 207 SC1), é facilitar a integración desta norma nos demáis sistemas de xestión da empresa.

A Norma ISO 14001 é empregada por empresas e entidades de calquer sector de actividade e tamaño, tanto públicas como privadas; é o xeito, internacionalmente aceptado, de demostrar o compromiso co medio ambiente.

Esta revisión da Norma ISO 14001 incorpora novos requisitos, como unha maior protección do medio ambiente, a través da incorporación de prácticas para a prevención da contaminación e o uso sustentable dos recursos; a consideración da variable ambiental como un elemento estratéxico na xestión empresarial; o reforzo do papel da alta dirección no liderado do sistema de xestión; enfoque ao ciclo de vida completo; unha comunicación máis efectiva na que a información sexa transparente, veraz, fiable e comprensible.

O período de adaptación aos requisitos da nova norma para a renovación dos antigos certificados dos sistemas de xestión ambiental será de tres anos, ata setembro do 2018.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS