Co financiamento de:
/ Medio ambiente

No Estado español, unha protección do litoral á carta

08-05-2013 - MEDIO AMBIENTE

Antonio Banderas pode respirar. O concello de Marbella, en Andalucía, aceptou de modificar o seu plan de urbanización para que a casa do célebre actor español resulte legal.

A cambio, terá que ceder unha parte do seu "xardín" de 1.200 m2, situado sobre a praia.

A suntuosa morada que comprou en 1997 fora construída dous anos antes grazas a un permiso ilegal concedido por un concello corrupto.

O seu caso non é illado. Millares de casas situadas no litoral español, que estaban condenadas á demolición, serán amnistiadas pronto. Baixo o pretexto de non sobrecargar aínda máis os problemas económicos do país, o Parlamento español sacará adiante unha profunda reforma da Lei do Litoral de 1988.

Redución da franxa do litoral protexido, pasando de 100 metros a 20 metros a partir da costa; amnistía ou alongamento da moratoria sobre os aloxamentos costeiros ilegais; levantamento do amparo sobre as salinas ou aumento da duración das licenzas outorgadas ás cabanas, son algunhas das disposicións previstas por esta nova lei.

"Somos cegos se non vemos que a costa é un motor de investimento", resumiu, o 24 de abril, o senador do PP (conservador, no poder) Enrique López Veiga.


Fonte: Lemonde

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS