Co financiamento de:
/ Medio ambiente

Fracking: explotación, moratoria, prohibición?

26-02-2015 - Medio ambiente

O terremoto rexistrado o pasado luns en Albacete, puxo en marcha reaccións contrarias ao fracking (técnica de extracción de gas ou petróleo a través da inxección no subsolo de auga a presión mesturada con area e productos químicos) nesta zona na que hai concedidos dende setembro de 2012 permisos de investigación para hidrocarburos que incluirían ademáis da búsqueda convencional, a posibilidade de empregar esta técnica; en caso de resultar rendíble, para a súa explotación a empresa concesionaria debería solicitar unha avaliación de impacto medio ambiental e, entre os estudios a presentar estaría un informe de sismicidade da zona.

Polo momento no Estado español non se está a empregar esta técnica, aínda que hai compañías que pretenden comezar a explotación. Ademáis do caso de Albacete, atopamos que, por exemplo, no norte da provincia de Burgos xa hai unha empresa que ten solicitados permisos á administración pertinente para  proceder a iniciar os traballos, aínda que polo momento non consta ningún tipo de actuación na zona, ou os permisos de investigación e exploración que afectan a Cantabria, País Vasco, Castellón...

Mentres en Escocia decretouse unha moratoria na planificación de permisos de explotación de gas a través do fracking en contra da opinión dos parlamentarios británicos, que veñen de rechazar unha proposta de prohibición en todo o Reino Unido.

O ministro de Enerxía de Escocia, anunciou que o parlamento escocés levará a cabo unha consulta pública e unha investigación sobre o impacto da extracción de gas por este sistema antes de emitir novos  permisos. Se estima que en Escocia hai reservas suficientes de gas esquisto para cubrir as necesidades de gas de Gran Bretaña durante máis de 30 anos. O anuncio da moratoria está a producir enfrontamento entre partidarios, que esgrimen motivos económicos e de creación de emprego para sustentar a defensa desta técnica,e detractores, centrados na defensa medio ambiental e nos problemas asociados á explotación (contaminación de acuíferos, sismicidade, …) 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS