Co financiamento de:
/ Medio ambiente

Contaminación atmosférica producida polos buques

09-09-2015 - contaminación

Un traballo realizado pola Universidade de Rostock e o centro de investigación ambiental Helmholzzentrum de Múnic, estabelece unha relación firme entre as emisións de escape dos barcos e enfermidades graves. Estas enfermidades teñen un custo para os servizos de saúde europeos duns 58 mil millóns de euros ao ano. Os investigadores afirman que as 60.000 mortes consecuencia destas emisións poderían reducirse co emprego de dispositivos de filtración gases de escape.

Os motores de barcos convencionais que queiman fuel oil ou gas oil pesados, emiten altas concentracións de sustancias nocivas, incluíndo metais pesados, hidrocarburos e xofre, así como materia partículada carcinóxena (MP). Aínda que no caso do transporte terrestre, veñense realizando esforzos para reducir o xofre e os fumes diesel, non ocurre o mesmo no transporte marítimo, cando este é responsable de máis dunha quinta parte do consumo mundial de combustible. Segundo a ONG Transport % Environment "o combustible mariño é 2.700 veces máis contaminante que o diesel das estradas e este último paga anualmente 35 mil millóns de euros en imposto aos combustibles en Europa, mentres que os barcos utilizan combustible libre de impostos."

Os investigadores indican que o estabelecemento de límites de MP no transporte marítimo, así como a introdución de lexislación para a filtración de patículas, son claves para a mellora da calidade do aire, especialmente nas zonas costeiras, nas que a metade da contaminación do aire relacionada coa MP, provén de emisións de buques.
 
Aínda que non se está a aplicar estritamente, a Organización Marítima Internacional (OMI), limitou o contido de xofre do combustible mariño no 3,5%, coa previsión de limitar este contido ata o 0.5% no 2020.  En moitas das augas costeiras de Europa o límite é de 1%, a partir de xaneiro de 2015; no límite nas Áreas de Control de Emisións de Xofre (SECA) dos mares Báltico e do Norte é só do 0,1%.




Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS