Co financiamento de:
/ Medio ambiente

As posibilidades dos "empregos verdes"

27-08-2012 - OIT

Un informe patrocinado pola OIT sostén que a economía verde pode axudar ao Estado español a vencer a crise do emprego. A transformación cara a unha economía verde no Estado español ten un enorme potencial para crear novos empregos en momentos en que o estado rexistra unha taxa de desemprego xuvenil de 50 por cento, segundo un informe publicado recentemente.

A OIT define os empregos verdes como "empregos decentes que reducen o consumo de enerxía e materias primas, limitan as emisións de gases de efecto invernadoiro, minimizan os desperdicios e a contaminación, e protexen e restablecen os ecosistemas".


Sostén que un enfoque estratéxico integral é esencial para garantir que o impulso cara a unha economía máis respectuosa do medio sexa sostible. Isto require de incentivos e apoio por parte das empresas, a extensión da protección social, apoio aos ingresos e medidas de formación profesional dirixidas aos traballadores, e diálogo social que involucre empregadores e sindicatos.


O informe titulado "Empregos verdes para o desenvolvemento sostible. O caso Español" advirte que a gravidade da recesión, sumada ás medidas de austeridade adoptadas para contela, fai perigar a creación de empregos verdes.


Isto terá un "impacto significativo sobre o emprego e o crecemento", agrega o informe. Na actualidade, hai entre 400.000 e 500.000 empregos verdes en España, o cal equivale a preto de 2,2 por cen do emprego total do país. A economía verde contribúe xera preto de 25.000 millóns de dólares ao ano, ou 2,4 por cento do Produto Interno Bruto (PIB).



O informe - producido por Sustainlabour, coa asistencia técnica da OIT - destaca que a creación de empregos verdes pode de feito axudar a superar a recesión.



O informe cita datos do Observatorio da Sostibilidade en España (OUSE) e da Fundación Biodiversidade (FB), que indican que máis de 1 millón de empregos verdes poderían ser creados de aquí ao 2020 en España, dependendo do apoio que estes sectores reciban en termos de medidas políticas.


"A economía verde ofrece unha boa oportunidade para incrementar a competitividade, promover a creación de emprego de calidade e reducir o impacto ambiental da economía", afirmou Joaquín Nieto, Director da Oficina da OIT en Madrid. "Isto pode ser aplicado particularmente ben ao caso de España, que necesita reactivar a súa economía".



Estudos recentes mostran que os sectores verdes en Europa superaron a recesión mellor que outros sectores. A Comisión Europea declarou, nos primeiros meses deste ano, que o crecemento do emprego nas eco-industrias alcanzou unha media de 2,7 por cento anual entre 2000 e 2008, comparada con 1 por cento para a economía en xeral.



As perspectivas de empregos verdes en diversos sectores:


. As enerxías renovables poderían xerar máis de 125.265 empregos para 2020, un incremento de 81,5 por cento en relación á actualidade, sempre e cando un 20 por cento da produción de enerxía primaria proveña de fontes renovables.


. O transporte sostible: Para 2020, o número de empregos en actividades de servizos, industriais e construción de infraestruturas asociadas co transporte sostible podería aumentar en 40 por cento, ata alcanzar os 770.000 empregos.


. O sector da construción: A rehabilitación de 25 millóns de vivendas - co fin de mellorar o illamento e o uso eficiente da enerxía - podería xerar ata 1,37 millóns de postos de traballo.


. A xestión de residuos na actualidade emprega polo menos 110.000 traballadores. Algúns estudos indican que 27.850 empregos serán creados para 2016 neste sector.


. A industria básica: Existe un gran potencial para a creación de emprego nos sectores do ferro e o aceiro, aluminio, cemento e do papel, sobre todo mediante a reciclaxe.

 



Fonte: OIT

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS