Financiado por:
/ Medio ambiente

Análise Nº 04/2021: Medidas da UE e retos actuais no ámbito dos residuos electrónicos

07-06-2021 - TRIBUNAL DE CONTAS EUROPEO

O presente documento non é un informe de auditoría, senón unha análise baseada principalmente en información pública ou en material especificamente recolleito para este fin. Neste préstase atención ao papel e as medidas que adopta a Unión Europea para facer fronte aos retos da xestión de residuos electrónicos na UE. Presenta a resposta da UE ao problema e destaca algunhas das principais dificultades latentes na aplicación da Directiva RAEE.

De media, os Estados membros da UE recollen e recuperan máis residuos electrónicos que a maioría de terceiros países. En conxunto, a UE cumpriu os seus obxectivos anteriores de recollida e valorización de residuos electrónicos e, posteriormente, fixouse obxectivos máis esixentes. Con todo, persisten as dificultades. Nesta análise póñense de relevo as dificultades na aplicación das obrigacións vixentes sobre tratamento de residuos electrónicos, a resposta á mala xestión de tales residuos, os traslados ilícitos e outras actividades delituosas, e o maior aumento da recollida, a reciclaxe e a reutilización de residuos electrónicos -RAEE-.

Ligazón ao documento "Análise  Nº 04/2021: Medidas da UE e retos actuais no ámbito dos residuos electrónicos".

Directiva 2012/19/UE del Parlamento Europeo y del Consejo, de 4 de julio de 2012 , sobre residuos de aparatos eléctricos y electrónicos.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS