Co financiamento de:
/ Medio ambiente

A revolución 'sensata' da enerxética da UE.

26-12-2012 - ENERXÍA

O recén presentado informe "[R]evolución Enerxética 2012 para Europa" elaborado polo Deutsche Zentrum für Luft- und Raumfahrt (DLR) para Greenpeace e o Consello Europeo da Enerxía Renovable, conclúe que "un sistema eléctrico baseado integramente en enerxías renovables e eficiencia enerxética para 2050 en Europa xeraría, entre outros, tres billóns de euros de aforro en custos asociados á compra de combustibles fósiles entre 2011 e 2050, que compensarían amplamente os seus custos".

Europa xeraría preto de medio millón de empregos no sector enerxético en 2020 "se priorizase os avances cara a un sistema baseado en renovables e eficiencia enerxética, en lugar de seguir confiando na enerxía nuclear e nos combustibles fósiles", segundo o estudo.

Por outro lado, este resalta que os beneficios serían múltiples tanto para o consumidor como a nivel colectivo. Aparte da diminución da demanda enerxética, a longo prazo, conseguiríase un importante aforro, ademais de paliar o cambio climático e os impactos económicos derivados deste.

O punto de partida en Europa é o 12,5% de produción actual baseada en fontes renovables e o compromiso da UE para alcanzar o 20% no 2020.

Dende o estudo, aléntase a seguir esta traxectoria máis alá deste horizonte definido, mediante o compromiso dos estados, impulso necesario para poder alcanzar unha xeración renovable do 45% para o ano 2030, como paso previo para chegar a un 100% no 2050.

Diferentes expertos, ademais de avaliar os grandes custos económicos do incremento do prezo dos combustibles fósiles, formulan un escenario obxectivo de xeración de renovables e de eficiencia enerxética con efectos moi positivos tanto económicos como en novos empregos, unha maior seguridade enerxética e beneficios a nivel ambiental e climático.

As medidas necesarias para facilitar este progreso, son de diferente natureza, destacando o abandono das subvencións aos combustibles fósiles e á enerxía nuclear, así como un marco político, administrativo e financeiro que faga atractivo e seguro o investimento e innovación tecnolóxica sectorial.

"[R]evolución Enerxética 2012 para Europa"

 

Fonte de Datos: ecoticias.com

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS