Financiado por:
/ Igualdade

Igualdade retributiva entre homes e mulleres

03-11-2022 - IGUALDADE

Orde PCM/1047/2022, do 1 de novembro, pola que se aproba e publica o procedemento de valoración dos postos de traballo previsto no Real Decreto 902/2020, do 13 de outubro, de igualdade retributiva entre mulleres e homes; Ferramenta para a Valoración de Postos de Traballo e guía de uso

Orde PCM/1047/2022, do 1 de novembro, pola que se aproba e publícase o procedemento de valoración dos postos de traballo previsto no Real Decreto 902/2020, do 13 de outubro, de igualdade retributiva entre mulleres e homes.

Ligazón ao Real Decreto 902/2020, do 13 de outubro, de igualdade retributiva entre mulleres e homes.

Ferramenta para a Valoración de Postos de Traballo e guía de uso publicadas polo Ministerio de Traballo e Economía Social e o Instituto das Mulleres

Esta ferramenta, gratuíta, dá cumprimento ao mandato previsto na disposición final primeira do Real Decreto 902/2020, do 13 de outubro, de igualdade retributiva entre mulleres e homes, de facilitar un modelo voluntario do procedemento para realizar esta valoración.

Neste Real Decreto sinalábase "a obrigación que teñen os poderes públicos de garantir a efectividade do principio de igual retribución por traballos, non só iguais, senón de igual valor" e é precisamente neste último aspecto onde incide o instrumento publicado.

O procedemento de valoración de postos de traballo permite realizar unha estimación obxectiva dos requirimentos necesarios para levar a cabo cada un dos postos de traballo da empresa atendendo ao contido da prestación laboral que desenvolven. Como resultado, asígnaselles unha puntuación numérica que permite comparar o valor dos distintos postos de traballo que permite clasificalos en agrupacións de postos de traballo de igual valor.

A valoración de postos de traballo é necesaria para dar cumprimento ás obrigacións das empresas que elaboren plans de igualdade de realizar unha auditoría retributiva como parte do diagnóstico do mesmo e de recoller no seu rexistro retributivo adicionalmente a media aritmética e a mediana das percepcións salariais dos postos de traballo de igual valor.

O contraste da valoración de postos de traballo coa política retributiva da empresa ha de servir para identificar as diferenzas nas retribucións dos distintos postos de traballo que poidan resultar discriminatorias, cando esas retribucións non se correspondan co valor dos postos.

Así mesmo, pode servir de base ás comisións negociadoras dos convenios colectivos na configuración das táboas salariais

Ligazón á Ferramenta para a Valoración de Postos de Traballo

Ligazón á guía de uso

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS