Co financiamento de:
/ Igualdade

Día internacional da eliminación da violencia contra a muller

25-11-2014 - Igualdade

Segundo datos da ONU, un 35% das mulleres de todo o mundo sofren violencia física e/ou sexual no contexto das relacións de parella, ou violencia sexual exercida por outros homes, estatísticas que ascenden en moitos casos a preto dun 70% das mulleres. No caso da Unión Europea, a metade das mulleres enquisadas recoñeceron sufrir nalgún momento da súa vida insinuacións sexuais non desexadas, contacto físico ou outras formas de acoso sexual no traballo.

A violencia contra a muller é consecuencia da discriminación que sofre, tanto en leis como na práctica, e a persistencia de desigualdades por razón de xénero. No fogar, na escola,  no centro de traballo ou a través dos medios de comunicación, segue a fomentarse a permanencia do sistema sexo/ xénero, que persegue manter os roles de xénero tradicionais.
"A violencia de xénero é un problema que atinxe a nosa sociedade no seu conxunto, está demasiado enraizada na cultura, a tradición e o comportamento habitual", polo que "acontece en todas as idades, zonas xeográficas... se atinxe a xuventude é porque as mozas e os mozos non poden mudar sen máis toda unha historia de transmisión cultural na que  xustifica esta violencia". "Non debemos confiar en que as actitudes e os roles de xénero están superados nas xeracións máis novas",  indican dende o Colexía de Psicoloxía de Galiza. "A educación" tórnase un factor "chave" de prevención e loita contra a violencia machista, sexa cal for a forma que adopte. "É preciso que no ámbito da educación se realicen labores de sensibilización desde ben cedo".
A data do 25 de novembro foi escollida co gallo de honrar  as irmás Minerva, Patria e Mª Teresa Mirabal, coñecidas como “as bolboretas inesquecíbeis”  que foron violentamente asasinadas na República Dominicana polo seu activismo político, como militantes opositoras da ditadura.
Ligazón á campaña da CIG "Erradiquemos a cultura da violencia machista"-
Ligazón á campaña da ONU-
Fontes:  Informe 25 novembro 2014. Secretaria das Mulleres da CIG, sermosgaliza.gal, ONU
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS