Co financiamento de:
/ Igualdade

Día Internacional da Muller Traballadora

06-03-2015 - 8 de marzo

Polo xeral son mellores estudiantes, sacan mellores notas, chegan en maior número á universidade e, sen embargo eso non se reflicte no mercado laboral. O xénero continúa a marcar a relación de homes e mulleres co traballo remunerado. É máis se cabe en momentos de crise e escaseza de traballo. Por outra banda, se temos en consideración os últimos datos aportados polo INE, a progresiva equiparación de mulleres e homes no mercado laboral non se corresponde cunha similar presenza dos homes no ámbito doméstico e de coidado da familia. As mulleres seguen a ser as que máis concilian.

Aínda que as mulleres teñen incrementado a súa presenza no mercado laboral, a súa participación no mesmo ten un resultado desigual, agravado nos últimos anos pola crise económica: por unha banda continúase a manter ou incluso se incrementa a brecha salarial entre homes e mulleres e pola outra aparece unha desigualdade laboral e salarial  entre mulleres: aquelas que manteñen un  emprego estable e ben remunerado e as que subsisten con traballos precarios (segundo datos da Axencia Tributaria 92.839 mulleres tiveron uns ingresos inferiores aos 1.861,00 euros brutos anuais), empregos a xornada parcial (o 75% dos traballos a xornada parcial durante o 2014 foron desempeñados por mulleres) ou contratos temporais (en torno ao 23%). Traballos que permitan ademáis atender ás necesidades familiares, perpetuando o rol de coidadoras que recae históricamente nas mulleres.

 

Segundo datos da Seguridade Social correspondentes a 2014, as mulleres continúan a ser as principais responsables de coidar á familia; así 9 de cada 10 excedencias por coidado concedidas en Galiza no ano pasado foron de traballadoras. En relación ás prestacións por maternidade e paternidade, tramitáronse un total de 14.279 en Galiza e unicamente en 305 casos, o 2%, a baixa foi compartida polo pai.

 

Datos do INE amosan que en torno ao 95% das persoas que teñen un traballo a tempo parcial para coidar persoas dependentes son mulleres. A Enquisa de Poboación Activa certifica que a finais de 2014 unhas 11.000 galegas non podían traballar a xornada completa por teren que coidar "nenos,  adultos enfermos, incapacitados ou maiores", mentres que unicamente 600 homes estaban nesta situación.

A Secretaría da Muller da CIG conmemora o 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora, baixo o lema “Traballo digno. Salario xusto”. 

Manifestación unitaria do feminismo galego con motivo do 8 de marzo, "Feminismo para avanzar. Xuntas na mesma loita"


Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS