Co financiamento de:
/ Igualdade

A Seguridade Social tramitou 324.405 procesos de maternidade e 269.715 de paternidade no ano 2011.

06-02-2012 - Maternidade e paternidade

A Seguridade Social dedicou máis de 2.049 millóns de euros (2.049.455.478,43) ao pago das prestacións por maternidade (1.824.181.510,39) e paternidade (225.273.968,04), no ano 2011.

Maternidade



O Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), xestionou 324.405 prestacións económicas por maternidade ao longo do ano. Esta cifra indica un descenso do número de procesos por maternidade do -2,45% con respecto ao ano anterior. Do conxunto de prestacións recoñecidas, a maior parte, 318.607, corresponden a permisos gozados pola nai e 5.798 a permisos gozados polo pai.



A súa contía é equivalente ao cento por cento do salario e abónase directamente polo INSS durante as 16 semanas de permiso (ampliables en caso de parto múltiple en dúas semanas máis por cada fillo a partir do segundo).



Ademais, o pai pode gozar do tempo cedido pola nai ao mesmo tempo que ela ou a continuación, excepto nas seis primeiras semanas de descanso obrigatorio para a nai, en caso de parto natural (en caso de falecemento da nai, o dereito a estas seis semanas pódeo solicitar o pai). A Lei contempla tamén a posibilidade de gozar a tempo parcial do permiso.



Cando as traballadoras estean a cobrar a prestación por desemprego total e pasen á situación de maternidade, percibirán a prestación correspondente e, tras esgotala, renovarán o cobro do desemprego polo tempo que restase por percibir e na contía que correspondese no momento da suspensión.

 


Paternidade


O número de procesos por paternidade durante 2011 foi de 269.715, cun descenso do -2,15% respecto de 2010, e un custo de máis de 225 millóns de euros (225.273.968,04).



O permiso por paternidade estableceuse na Lei de Igualdade, que entrou en vigor o 24 de marzo de 2007. É independente do da nai e compatible co goce compartido do permiso por maternidade, cando é cedido pola nai.



A contía do subsidio por paternidade é a mesma que o importe do permiso por maternidade: 100% da base reguladora da prestación de Incapacidade Temporal, derivada de continxencias comúns. A prestación abónase por un período de 15 días (dous máis por cada fillo a partir do segundo).

 



Distribución por comunidades autónomas



En canto a permisos por maternidade, o maior número de procesos correspondeu a Andalucía (57.659), Cataluña (57.344), Madrid (53.788) e a Comunidade Valenciana (32.532). A taxa interanual de permisos por maternidade creceu en Asturias (1,84%) e Estremadura (0,43%). As comunidades onde máis descenderon estes permisos neste período son A Rioxa (-7,90%), Ceuta (-6,93%), Murcia (-5,60%), Illes Balears (-4,60%) e Castela-A Mancha (-4,04%).


O número de pais que accede a este permiso descendeu o -0,12% respecto ao ano 2010.



As comunidades autónomas onde aumentou o número de pais que se acolle ao permiso por maternidade son Canarias (11,11%), Asturias (8,46%), Castela e León (6,38%) e Aragón (4,86%). Pola contra, onde máis diminuíu a cifra de pais que utiliza o permiso son: Estremadura (-18,67%), Navarra (-9,95%), Illes Balears (-9,63%), Murcia (-8%) e Comunidade Valenciana (-6,89%). Ceuta rexistrou un descenso de solicitudes do -50% e Melilla un aumento do 300%.



O maior número de procesos por permisos por paternidade correspondeu a Cataluña (51.174), Madrid (44.702), Andalucía (42.051), a Comunidade Valenciana (26.889) e o País Vasco (15.741). Ceuta e Melilla son as que rexistraron menos subsidios por paternidade, con 305 e 301 casos, respectivamente.

 


Excedencia por coidado de fillo, menor acollido ou familiar



As traballadoras e traballadores poden solicitar excedencia para atender ao coidado de fillo ou menor acollido ou para o coidado doutros familiares. Neste caso, a duración do período considerado de cotización efectiva dependerá dos supostos contemplados na Lei Xeral da Seguridade Social, modificada coa entrada en vigor da Lei de Igualdade que ampliou o alcance e duración desta prestación.



Durante o ano 2011 rexistráronse 37.875 excedencias por coidado familiar, das que 40.330 corresponderon a solicitudes presentadas por mulleres e 2.455 por homes. En 2010 as altas por este concepto foron 38.448, das cales 40.948 fórono de mulleres e 2.500 de homes.



Por Comunidades Autónomas, o maior número de excedencias produciuse en Madrid (9.533), Cataluña (5.549), Andalucía (4.120), Comunidade Valenciana (4.083), País Vasco (3.624) e Castela e León (2.740).

 



Fonte de Datos: Ministerio de Traballo e Inmigración

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS