Boletín CIG Saúde Laboral Nº 65. Monográfico Sector24-03-2026 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde LaboralA silicose, probablemente a máis letal das enfermidades causadas pola actividade laboral ao longo da historia, non é unha cuestión pretérita nin está circunscrita, como no pasado, á actividade mineira. Ademais do incremento da súa incidencia en sectores tradicionais das economías emerxentes, novas actividades produtivas como o mecanizado dos aglomerados de cuarzo ou a estiba portuaria de pedras, rochas e áridos, contribuíron ao seu rexurdimento nas últimas décadas. A existencia de novas fontes de exposición á sílice cristalina xustificou que varias axencias sanitarias actualizasen na última década os coñecementos médicos e epidemiolóxicos arredor dos seus riscos; aínda que os traballos científicos alertan do rexurdimento da silicose no conxunto do estado, non ofrecen unha imaxe de conxunto axustada a verdadeira magnitude epidemiolóxica, debido á infradeclaración de casos recoñecidos como enfermidades profesionais por exposición a sílice cristalina. Galiza encabeza cun 28,1% o maior número de casos de silicose rexistrados dende 2020 en todo o Estado. | ![]() |
|---|
Boletín CIG Saúde Laboral Nº 65. Monográfico sector construción
- Galiza á cabeza do rexurdimento da silicose no conxunto do Estado.
- Síntese da posición sindical da CIG nesta materia
O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 65. Monográfico sector construción pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral unicamente se publica en formato dixital.