Co financiamento de:
/ Gabinete

Boletín CIG Saúde Laboral Nº 42

12-04-2022 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral – CIG

A Organización Mundial da Saúde (OMS) lava algún tempo alertando sobre a importancia dos problemas de saúde mental nos países occidentais, chegando a falar dunha pandemia de problemas de saúde mental. No Estado español, que viña arrastrando unha crise económica dende o ano 2008, a situación xerada pola COVID-19 non só agravou os trastornos previamente diagnosticados, senón que ademais se dispararon os casos de ansiedade e depresión, sendo un dos países da Unión Europea que máis ansiolíticos, sedantes e hipnóticos consome; os recursos dos servizos públicos de saúde mental do Estado español, a especialidade sanitaria que podería mitigar o problema, están moi lonxe das necesidades e á cola de Europa tanto en orzamento como en número de profesionais adicados.

Artigos do Boletín CIG Saúde Laboral Nº 42

1. A problemática da saúde mental: unha pandemia que xa está entre nós.

2. Alongamento da vida laboral: Non a imposición; Sí á voluntariedade.

3. Xestión dos nanomateriais no lugar de traballo e medidas de prevención. EU-OSHA.

4. Xustiza, Igualdade e equidade: o avariado ascensor social.

O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 42 pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral unicamente se publica en formato dixital.

Se estás interesado/a en recibir o Boletín CIG - Saúde Laboral na túa caixa de correo, podes darte de alta premendo aquí

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS