Co financiamento de:
/ Gabinete

Boletín CIG Saúde Laboral Nº 32

29-05-2019 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral - CIG

No ano 2016, a Enquisa Anual Laboral (EAL) realizada polo Ministerio de Traballo revelou que só un 34,4% das empresas españolas investigaba os accidentes laborais. Isto é, que o 65,6% das empresas non cumpren coa súa obriga legal de investigar os accidentes. Se temos en conta que os accidentes non investigados rondan o 60%, isto supón que uns 300.000 accidentes de traballo quedan anualmente sen investigar, sen que isto conleve ningún tipo de sanción para a infinita maioría das empresas que non cumpren coa legalidade nesta materia.

O sumario do número 32 do Boletín CIG Saúde Laboral conta con dous artigos dentro do epígrafe Información: "A exposición a substancias nocivas para a saúde nos centros de traballo", e "O rexistro da xornada de traballo: un dispositivo de protección fronte ao abuso laboral".

Dous artigos máis, un baixo a cabeceira de Documento - Análise, "Informe sobre a desigualdade Global (World Inequality Lab)" e outro "Máis da metade das empresas non investigan os accidentes de traballo, a pesares de ser legalmente obrigatorio" , baixo o epígrafe Sabías que...?, completan este número.

O Boletín CIG-Saúde Laboral Nº 32 pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. O Boletín CIG Saúde Laboral únicamente se publica en formato dixital.

Se estás interesado/a en recibir o Boletín CIG - Saúde Laboral na túa caixa de correo, podes darte de alta premendo aquí

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS