Co financiamento de:
/ Gabinete

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 7

14-10-2013 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

Un número máis vémonos na obriga de falar da formación en materia de prevención de riscos laborais específica para o sector da construción: o artigo de opinión "Un novo atranco aos dereitos dos/as traballadores/as do sector da construción abre o Boletín. Seguimos coa análise realizada por Anxo Pérez Carballo, Técnico en Prevención e Secretario Confederal de Medio Ambiente de Desenvolvemento Sostíble, sobre a silicose no sector da rocha ornamental, as orixes e prestacións derivadas nos casos de incapacidade laboral, o amianto como asignatura pendente e as Fichas Lembra. O "Estudo da incidencia da xornada de traballo na seguridade laboral e nos riscos psicosociais" elaborado polo Gabinete Tecnico Confederal de Saúde Laboral, pecha este número.

O Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 7, pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. En formato papel está a vosa disposición nos locais da Confederación Intersindical Galega.

Neste número pódense atopar os artigos “Un novo atranco aos dereitos dos/as traballadores/as do sector da construción” no apartado Opinión, "A silicose sigue a facer destrozos no sector da rocha ornamental" en A fondo, “A incapacidade laboral: orixes e prestacións” en Información Técnica e "Amianto: unha asignatura por aprobar" en Sabías que...?.

Para artigo o "Fichas Lembra, prevención de riscos na pesca" contamos coa colaboración de Diego Castro Balboa, Técnico de Seguridade e Saúde Laboral do ISSGA.

Como peche, e atendendo a un tema de actualidade como é a relación existente entre a organización dos horarios e a saúde de traballadoras e traballadores, realízase unha revisión da publicación elaborada polo Gabinete "Estudo da incidencia da xornada de traballo na seguridade laboral e nos riscos psicosociais".

Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral.

Confederación Intersindical Galega

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS