Co financiamento de:
/ Gabinete

Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 5

09-05-2013 - GABINETE TÉCNICO CONFEDERAL DE SAÚDE LABORAL - CIG

Neste número realízase unha analíse dos aspectos máis salientables do proxecto de Real Decreto polo que se regulan determinados aspectos da xestión e control dos procesos por incapacidade temporal nos primeiros trescentos sesenta e cinco días da súa duración, xunto coas consecuencias que traerá para o conxunto da clase traballadora. A preocupación pola redución continuada de recursos económicos e de persoal técnico que está a sufrir o ISSGA (Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral); a sentenza que estimou o recurso interposto pola CIG contra a resolución do Secretario de Estado da Seguridade Social que fixaba os obxectivos de xestión para o ano 2011, e que servían de base para o cobro do complemento de produtividade dos médicos do ISM; o radón, a web www.cigsaudelaboral.org e as últimas publicacións sobre risco químico elaboradas polo Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral, completan o boletín.

O Boletín CIG - Saúde Laboral Nº 5, pode descargarse premendo na seguinte ligazón ou acudindo á portada da web, ao espazo específico que ocupa o Boletín. En formato papel está a vosa disposición nos locais da Confederación Intersindical Galega.

Neste número podedes atopar os artigos “Análise do proxecto de Real Decreto polo que se regulan determinados aspectos da xestión e control dos procesos por incapacidade temporal nos primeiros trescentos sesenta e cinco días da súa duración”  no apartado  Opinión,  “O ISSGA en perigo?” en Sabías que...?,   e " Saúde laboral dos traballadores embarcados e incentivos económicos á austeridade" en Colaboración - Análise xurídico-normativa.  Na sección de Información Técnica tratamos o tema "Radón: o inimigo invisible".

Como peche para  este número  poderedes ver os artigos "A web do Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral: www.cigsaudelaboral.org" e "Risco químico: Guía básica de produtos".

Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral.

Confederación Intersindical Galega

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS