![]() | ![]() | ![]() | ![]() | ![]() | ![]() | |
|---|---|---|---|---|---|---|
| Coronavirus | Lexislación | Delegados | Actuación preventiva | Riscos específicos | Boletín CIG - Saúde Laboral | Asesoramento técnico |
![]() | Boletín CIG Saúde Laboral Nº 69. Monográfico sector construción29-09-2026 - Boletín CIG Saúde Laboral Nº 69. Monográfico sector construciónO Real Decreto 1627/1997 regula as disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción e introduce obrigas clave para promotores, proxectistas, contratistas, subcontratistas, persoas traballadoras autónomas e coordinadores de seguridade. Este RD traspón a Directiva 92/57/CEE e estabelece normas mínimas aplicables a calquera obra (pública ou privada) onde se realicen traballos de construción ou enxeñería civil. Á guía do INSST, última actualización en 2019, acompaña o texto legal coas interpretacións e criterios técnicos necesarios para a avaliación e prevención dos riscos. Iniciamos neste número do Boletín un breve percorrido pola Guía do INSST, percorrido que completaremos na seguinte edición do Boletín CIG – Saúde Laboral. Monográfico sector construción. |
|---|
![]() | Luvas de protección para salóns de peiteado23-10-2026 - INSSTNas ctividades como as de salón de peiteado, barbaría, manicura e pedicura faise uso de produtos cosméticos presentados en forma de xeles, emulsións, cremas e líquidos que poden presentar na súa composición ingredientes clasificados como axentes químicos perigosos para a saúde que, tras o uso continuado polos profesionais do sector, poderían causar efectos prexudiciais. A adecuada selección e utilización de luvas de protección é unha das medidas preventivas clave para reducir o risco por contacto con estes axentes. |
|---|
![]() | A desconexión dixital no ámbito laboral22-10-2026 - Instituto Asturiano de Prevención de Riesgos LaboralesO Instituto Asturiano de Prevención de Riesgos Laborales vén de publicar un novo material divulgativo en formato políptico centrado no dereito á desconexión dixital no ámbito laboral, co obxectivo de sensibilizar sobre os riscos da hiperconectividade e protexer a saúde e o descanso das persoas traballadoras. |
|---|
![]() | Guía "Nutrición e Saúde Laboral"20-10-2026 - INSSTA guía "Nutrición e Saúde Laboral" do INSST, aborda a relación entre a alimentación e o benestar na contorna de traballo, proporcionando recomendacións prácticas baseadas na evidencia científica para promover hábitos alimentarios saudables entre as persoas traballadoras. O seu obxectivo principal é facilitar ferramentas e criterios técnicos que permitan integrar a nutrición como un elemento clave dentro das estratexias de promoción da saúde no ámbito laboral, contribuíndo a mellorar a saúde física e mental. |
|---|
Novos recursos da EU-OSHA sobre a saúde cardiovascular no lugar de traballo19-10-2026 - EU-OSHAAs enfermidades cardiovasculares causan 1,71 millóns de mortes ao ano na UE. Ademais, son a segunda causa máis frecuente de accidentes laborais mortais. No marco do programa de investigación a grande escala da EU-OSHA sobre este tema, unha serie de novas publicacións analizan a normativa, as estratexias e as iniciativas existentes destinadas a previr as enfermidades cardiovasculares e a promover unha reintegración eficaz no mercado laboral, así como a continuidade na vida activa. |
|---|
![]() | Índice de incidencia de accidentes de traballo con baixa por sector e gravidade e por CCAA. SETEMBRO 2025 AGOSTO 202616-10-2026 - INSSTComparativa por sector e gravidade e por Comunidades Autónomas do Índice de incidencia de accidentes de traballo que causaron baixa no período comprendido entre SETEMBRO 2025 AGOSTO 2026. |
|---|
![]() | Guía para a prevención de riscos laborais na renovación e mantemento de superestruturas ferroviarias15-10-2026 - OSALANA Guía para a prevención de riscos laborais na renovación e mantemento de superestruturas ferroviarias, publicada por OSALAN en setembro de 2026, constitúe unha ferramenta técnica de referencia esencial para garantir a seguridade das persoas traballadoras no sector ferroviario. Este documento nace como o segundo volume da guía de obra nova editada en 2021, co obxectivo de dar continuidade e resposta específica ás necesidades preventivas nun ámbito de alta complexidade operativa. |
|---|
![]() | A OIT chama a reforzar a seguridade e a saúde no comercio minorista14-10-2026 - OITAs conclusións tripartitas da reunión celebrada na OIT piden reforzar a prevención e a protección das persoas traballadoras ante as transformacións do sector do comercio minorista. Adoptadas durante unha reunión técnica da OIT celebrada en Xenebra do 28 de setembro ao 2 de outubro, as conclusións abarcan as empresas e as distintas modalidades de traballo do comercio minorista, incluídos os servizos de almacenamento e distribución. Reafirman que unha contorna de traballo segura e saudable é un principio e dereito fundamental no traballo que se aplica a todas as persoas traballadoras. |
|---|
![]() | Actividades prioritarias en función da sinistralidade. Datos 202513-10-2026 - INSSTEste informe do INSST céntrase na priorización das actividades económicas (a dous díxitos da CNAE) en función de dous parámetros: o índice de incidencia de accidentes de traballo en xornada (número de accidentes de traballo por cada 100.000 persoas traballadoras) e o número de persoas traballadoras que desenvolven o seu traballo nunha actividade concreta (persoas afiliadas coa continxencia de accidente de traballo cuberta). |
|---|
![]() | A Eurocámara endurece os límites de exposición laboral a químicos usados en sectores como a fabricación de baterías, a siderurxia, a industria química e a textil09-10-2026 - PARLAMENTO EUROPEOA Eurocámara aproba a sexta revisión da directiva sobre substancias perigosas fixando topes idénticos en toda a UE para compostos clave como o isopreno ou o cobalto, que afectan as industrias química, do caucho, de fabricación de baterías, téxtil, metalúrxica e siderúrxica. Desta forma, búscase mellorar a saúde laboral das persoas traballadoras, reducindo os falecementos e enfermidades. |
|---|