Financiado por:
Novidades lexislativas:
BOE 11/6/21 Resolución 10/6/21 Sanidade, Acordo CISNS modificación actuacións COVID-19DOG 17/6/21 114 Bis ORDE 17/6/21, medidas prevención específicas COVID-19 GalizaBOE 16/6/21 Real Decreto 427/2021 protección exposición axentes canceríxenos
CoronavirusLexislaciónDelegadosActuación preventivaRiscos específicosBoletín CIG - Saúde LaboralAsesoramento técnico

Boletín CIG Saúde Laboral Nº 38

28-04-2021 - Gabinete Técnico Confederal de Saúde Laboral – CIG

Neste 28 de Abril, día Mundial da Seguridade e da Saúde no Traballo, atopámonos aínda nunha situación de pandemia derivada do COVID-19 e baixo un estado de alarma decretado no conxunto do Estado español. O ano pasado por estas datas xa denunciabamos como nesta pandemia se estaba a evidenciar a concepción que as empresas teñen da seguridade e saúde no traballo como un gasto de produción máis que un verdadeiro interese pola saúde das persoas traballadoras. Tamén poñiamos énfase en como nas decisións dos gobernos central e autonómico pesaron máis os intereses económicos que a saúde das persoas. Este comportamento das empresas ás que só importan os beneficios e dos poderes políticos claramente ao servizo dos intereses económicos, mantívose durante todo este período e continúa aínda no presente.

Protocolo para a pilotaxe da reactivación do lecer nocturno no marco da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19

18-06-2021 - XUNTA DE GALICIA

Este documento ten o obxectivo principal de establecer unha proba piloto para reactivar o lecer nocturno. Como obxectivos secundarios, este tamén pretende recoller medidas sanitarias para iniciar a reactivación dos establecementos de lecer nocturno e recomendacións de boas prácticas nos factores de risco máis importantes.

Protocolos de espectáculos musicais ao aire libre de gran afluencia, para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19: Público sentado e Público de pé

18-06-2021 - XUNTA DE GALICIA

Estes documentos teñen como obxectivo recoller as medidas sanitarias para iniciar a reactivación dos espectáculos musicais ao aire libre de gran afluencia, onde opúblico permanece sentado e dos espectáculos musicais con baile que se celebren ao aire libre

Actualización do Código de Prevención de Riscos Laborais de 16 de xuño de 2021

17-06-2021 - BOE

O código «Prevención de riscos laborais» foi actualizado o 16 de xuño de 2020, por modificacións incorporadas no Real Decreto 665/1997, do 12 de maio, sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos durante o traballo, no AnexoI e no Anexo III.

Resolución do Parlamento Europeo, do 28 de novembro de 2019, sobre a Conferencia das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático de 2019 (COP25) en Madrid

16-06-2021 - CAMBIO CLIMÁTICO

Unha análise do Ciber de Diabetes e Enfermidades Metabólicas confirma que os novos plásticos non son inocuos

15-06-2021 - SAÚDE

O bisfenol-A (BPA) é un produto químico industrial que se utilizou para fabricar plásticos e resinas, pero a relación entre a súa exposición e danos na saúde e alteracións metabólicas provocou a súa substitución progresiva por outros análogos. O bisfenol-S (BPS) e o bisfenol-F (BPF) son os máis usados como parte dos plásticos habituais en produtos de uso cotián, como botellas e envases de plástico, biberóns, dispositivos médicos e dentais.

Primeira recomendación para o establecemento dun valor límite para as nanopartículas de dióxido de titanio

14-06-2021 - SAÚDE LABORAL

A Axencia Nacional de Seguridade Sanitaria francesa (ANSES) recomenda valores límite de exposición ocupacional para nanopartículas de dióxido de titanio, un posible carcinóxeno humano. Un importante paso adiante na prevención de riscos asociados aos nanomateriais.

Tríptico con recomendacións preventivas na actividdade de xardinería

11-06-2021 - ISSGA

O ISSGA pon a disposición o Tríptico con recomendacións preventivas na actividdade de xardinería incluída na campaña de "Prevención de riscos laborais en centros especiais de emprego".

Achan un punto débil atacable no coronavirus SARS- CoV-2

11-06-2021 - I+D+i

O equipo internacional de Nenad Ban, do Instituto Federal Suízo de Tecnoloxía en Zúric (ETH), conseguiu por primeira vez desentrañar as interaccións entre o xenoma viral e o ribosoma durante o desprazamento do marco de lectura. Os resultados das observacións proporcionaron unha descrición molecular do proceso cun nivel de detalle sen precedentes e revelaron unha serie de características que non foran preditas. Dispoñendo agora de todos estes coñecementos, será posible desenvolver medicamentos que lle impidan ao SARS-CoV-2 provocar un desprazamento do marco de lectura, saboteando así ese paso imprescindible da infección vírica.

Avaliación de riscos relacionados coa Covid-19 no traballo con OiRA

10-06-2021 - Axencia Europea para a Seguridade e a Saúde no Traballo

Para axudar ás empresas para garantir lugares de traballo saudables en tempos de COVID-19, a EU-OSHA ofrece con OiRA unha solución de máis calidade para avaliar os riscos. Publicada por primeira vez en xuño de 2020, a ferramenta OiRA adaptouse para responder mellor ás necesidades dos distintos oficios e sectores.

Recibe as novas do noso boletín dixital




PRL Sectorial
Formación
I+D+i
Datos estatísticos
Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS