Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos

Vision Zero: Guía para explotacións agrarias e Guía para os agricultores

28-01-2021 - AISS-INSST

A sección sobre Prevención na Agricultura da AISS elaborou unhas guías sobre Vision Zero dirixidas tanto a agricultores particulares como a explotacións agrarias. O INSST adhírese a esta campaña e presenta estas guías para o sector agrario adaptándoas no posible á nosa lexislación aínda que mantendo o enfoque global co que se deseñaron.

Coa difusión destes documentos preténdese aumentar os recursos dispoñibles sobre esta campaña e iniciar un percorrido que leve a mellorar a xestión da prevención de riscos e as condicións de traballo neste sector.

Os accidentes do traballo e as enfermidades profesionais non son froito do destino nin da fatalidade, sempre hai unha ou máis causas e, por tanto, é posible previr os accidentes, os danos e as enfermidades relacionados co traballo.

“ Vision Zero” é unha campaña da Asociación Internacional da Seguridade Social ( AISS) que presenta un enfoque transformador da prevención que abarca tres dimensións: a seguridade, a saúde e o benestar en todos os niveis do traballo. Grazas á súa flexibilidade,  Vision Zero é aplicable a calquera lugar de traballo, empresa ou sector de actividade, en todas as rexións do mundo.

A agricultura é un dos sectores máis perigosos tanto nos países en vías de desenvolvemento como nos industrializados. A sección sobre Prevención na Agricultura da  AISS elaborou unhas guías sobre  Vision Zero dirixidas tanto a agricultores particulares como a explotacións agrarias. O  INSST adhírese a esta campaña e presenta esta guía para explotacións agrarias adaptándoa no posible á nosa lexislación aínda que mantendo o enfoque global co que se deseñou.

Guía para os agricultores

Guía para explotacións agrarias

Ligazón a  outros  artigos  na  nosa web sobre  Vision Zero:

App Visión Zero: cero accidentes e traballos saudables -04-03-2019-

Novo documento sobre a implementación da ZAV, Zero Accident Vision, en 27 empresas en Europa -18-04-2017-

Campaña Vision Zero a favor de cero accidentes, enfermidades e danos no traballo -20-10-2017-

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS