Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos

Manual “Prevención de riscos Laborais en traballos de oficina”, da Universidade da Rioxa

12-09-2017 - UNIVERSIDADE DA RIOXA

O Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Universidade da Rioxa elabora un manual para axudar aos traballadores/a a coñecer os principais riscos que poden atopar nunha oficina, co fin de que poidan recoñecer posibles anomalías e aplicar, se é o caso, as medidas preventivas adecuadas ou poñerse en contacto co seu Servizo de Prevención de Riscos Laborais.

Os riscos dos traballos en oficinas abarcan aspectos tan diferentes como os trastornos musculoesqueléticos (dor de pescozo e costas, por exemplo), a fatiga visual, a dor de cabeza, a irritación dos ollos, o disconfort térmico, a monotonía, a falta de motivación, a tensión, etc.

Todos estes trastornos derívanse do uso continuado de equipos informáticos, manexo de software, utilización de mobiliario así como da exposición a determinadas condicións ambientais de ruído, temperatura e humidade e iluminación. O correcto deseño e elección de todos estes elementos ten unha importante influencia sobre a comodidade, eficacia no traballo e, mesmo, sobre a saúde dos traballadores e traballadoras.

Para unha adecuada prevención de riscos laborais os aspectos básicos a ter en conta son:

-  Unha adecuada organización do traballo e das tarefas.

-  Un bo deseño das instalacións que nos garanta unhas boas

-  condicións ambientais.

-  Unha selección adecuada do equipamento: mesas, cadeiras, equipos informáticos, etc.

-  Formación e información aos traballadores/as.

No  manual non se abordan os riscos psicosociais, debido á especificidade desta materia e á complexidade e relación que estes riscos teñen coas relacións humanas e a organización do traballo.

Acceso ao manual "Prevención de riscos Laborais en traballos de oficina"

Fonte: Universidade da Rioxa

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS