Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos / Guías e Notas Técnicas

Guía técnica para a avaliación e prevención dos riscos relativos ás obras de construción. Nova edición, abril 2012

17-04-2012 - INSHT

A disposición final primeira do Real Decreto 1627/1997, de 24 de outubro, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción (transposición da Directiva 92/57/CE) insta o Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo á elaboración e actualización dunha Guía técnica non vinculante para facilitar a aplicación do real decreto. A finais de 2003 elaborouse a primeira edición da Guía Técnica. Até hoxe, fóronse aprobando diversas disposicións ligadas directa ou indirectamente co sector da construción, que motivan a necesidade de actualizar a Guía Técnica.


De entre as disposicións aprobadas que que afectan ao sector da construción, pódense destacar as modificacións da LPRL e do RSP, tanto de carácter xeral (por exemplo, o contido do concerto co servizo de prevención alleo) como de aplicación específica (como é o caso do recurso preventivo nas obras de construción); a aprobación do Real Decreto sobre coordinación de actividades empresariais e a súa particular aplicación no sector da construción; a normativa reguladora da subcontratación; a modificación do Real Decreto sobre utilización dos equipos de traballo en relación cos traballos temporais en altura; ou o V Convenio Xeral do Sector da Construción. (ver normativa sobre construción)

Do mesmo xeito, a aplicación da normativa no sector da construción ha ir emparellada á aparición de diversas sentenzas nacionais e europeas relacionadas con esta materia.

A presente Guía estrutúrase en tres partes diferenciadas:

    - Unha primeira, de carácter esencialmente xurídico, que comprende o articulado e as disposicións transitoria, derogatoria e finais.

    - Unha segunda, de carácter eminentemente técnico, na que se desenvolven os apartados incluídos nos anexos do real decreto.

    - E unha terceira con aqueles apartados que requiren unha explicación técnica de maior profundidade desenvolvidos nunha serie de apéndices.

Ligazón á Guía técnica para a avaliación e prevención dos riscos relativos ás obras de construción

Fonte: INSHT

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS