Estudo de campo para a comprobación das condicións de seguridade durante a utilización da maquinaria agrícola. Abonadoras centrífugas.31-08-2018 - INSSBTO obxectivo final do estudo de campo é a comprobación das condicións de seguridade durante a utilización da maquinaria agrícola. |
---|
Para iso, deseñouse unha metodoloxía que permitise a recompilación e análise da información sobre as condicións de seguridade durante a utilización de maquinaria agrícola, a través da consecución dos seguintes obxectivos parciais:
Deseño e posta en práctica dunha metodoloxía estatística a partir dos datos dispoñibles no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA).
Análise de dos datos de accidentes do sistema DELT@ e outras fontes de información con vistas á selección das categorías de máquina.
Deseño e validación de fichas de comprobación (cuestionarios) para categorías de máquinas específicas.
Establecer e poñer en práctica mecanismos de cooperación entre institucións para intercambio de información e experiencia, así como a posta en común dos seus recursos propios para a ejecución do estudo.
Inclúese un cuestionario (identificación, condicións de mantemento e regulación, requisitos de seguridade e requisitos de inspección en uso) e unha guía para facilitar a aplicación correcta do cuestionario.
Os requisitos de seguridade están baseados na Directiva de Máquinas 2006/42/CE e na norma UNE-EN 14017:2006+A2:2009. A metodoloxía empregada pode ser aplicada para comprobar as condicións de seguridade doutras máquinas agrícolas en uso.
Ligazón ao documento técnico: "Estudo de campo para a comprobación das condicións de seguridade durante a utilización da maquinaria agrícola. Abonadoras centrífugas".