Co financiamento de:
/ Recursos Técnicos

Directrices básicas para o desenvolvemento da prevención dos riscos laborais na empresa

28-08-2013 - INSHT

O Instituto Nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo (INSHT) ten a disposición dos usuarios unha Sección Normativa (situada dentro do seu portal, www.insht.es) que permite identificar e acceder rapidamente ás disposicións normativas aplicables a case calquera situación que poida exporse no ámbito preventivo, así como a outra información complementaria de interese.

Doutra banda, o INSHT publicou tres Guías de carácter transversal: a Guía para a Integración da prevención no sistema de xestión da empresa; a Guía para a Mellora da eficacia e calidade das actuacións dos Servizos de Prevención Alleos (Criterios de calidade do servizo); e a Guía sobre Simplificación documental.

Tomando como base todo o anterior, o INSHT elaborou o documento Directrices basicas para o desenvolvemento da prevencion dos riscos laborais na empresa (pdf, 615 Kbytes), que ordea e sintetiza a información fundamental necesaria para poder desenvolver a actividade preventiva en calquera empresa. En esencia, este documento pretende dar resposta á seguinte cuestión: que secuencia de actividades debe seguir o empresario, co seu servizo de prevención, para cumprir a normativa aplicable, adaptándose aos cambios ou continxencias que vaian producíndose.

Fonte: INSHT

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS