Financiado por:
/ Recursos Técnicos / Recursos dixitais

Calculador e APP: Andeis metálicos. Condicións de seguridade - 2022

15-09-2022 - INSST

Os andeis considéranse equipos de traballo atendendo ao indicado no Real Decreto 1215/1997, por iso, foron deseñados e instalados segundo especificacións do proxecto e deberían someterse a comprobacións e revisións periódicas dos distintos elementos que os constitúen, susceptibles de sufrir danos. A periodicidade e alcance destas revisións serán en función do que se recolla no manual de instrucións do fabricante ou, na súa falta, das súas características, condicións de utilización e outras circunstancias que poidan influír na súa deterioración ou desaxuste.

Esta aplicación, mediante o uso dun cuestionario, facilita a revisión das condicións de seguridade de andeis metálicos de carga paletizada (andeis de aceiro de traveseiros e puntais regulables en altura) e da súa contorna inmediata, baseado principalmente nos criterios técnicos indicados na norma UNE-EN 15635 "Almacenaxe en andeis metálicos. Uso e mantemento do equipo de almacenamento".

Acceso ao calculador: Andeis metálicos. Condicións de seguridade

Acceso á APP Google Play (Android)

Acceso á APP (IOS)


Ligazón ao Real Decreto 1215/1997, de 18 de xullo, polo que se estabelecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde para a utilización polos traballadores dos equipos de traballo

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS