Financiado por:
/ Recursos Técnicos / Guías e Notas Técnicas

NTP 1.160 e 1.161 Escalas fixas de servizo I e II

06-10-2021 - INSST

A NTP 1160 anula e substitúe á NTP 408. A actualización realizouse baseándose nos criterios da norma UNE EN ISO 14122-4:2017 a pesar de que algúns destes foron adaptados á normativa legal existente (Anexo II) e aos avances da técnica. Esta describe os distintos tipos e os seus elementos principais, as características que deben cumprir para o seu uso seguro, así como os factores para ter en conta para a elección do sistema de protección contra caídas máis adecuado en cada caso. A NTP 1161 é continuación da NTP 1160 e relaciona os principais riscos e factores de risco derivados do uso destes sistemas de acceso, así como as medidas preventivas a levar a cabo para cada un deles.

As escalas fixas, tamén denominadas escalas, escaleiras de gato ou de crinolina, constitúen un medio de acceso fixo a emprazamentos situados a distinta altura. Poden estar permanentemente fixadas a equipos de traballo ou a lugares de traballo (zonas de edificios ou elementos ou instalacións destes) aos que se accede ocasionalmente, como cubertas, tellados, pozos, silos, depósitos, torres de refinerías de petróleo, chemineas e outras zonas de acceso restrinxido. O ámbito desta NTP 1.160 son as escalas fixadas aos lugares de traballo.

Teñen un ángulo de inclinación superior a 75°, ata 90°, e os seus elementos horizontais son banzos. Constrúense preferentemente de aceiro inoxidable, aceiro galvanizado, aluminio, ferro forxado ou outro material equivalente que asegure a súa eficiente suxeición á estrutura vertical que os soporta.

Este tipo de medio de acceso debe ser considerado intrinsecamente perigoso e ademais, tal e como se indicou anteriormente, só poderán utilizarse para realizar accesos esporádicos ou ocasionais (fundamentalmente por motivos de inspección ou mantemento) a determinadas zonas. Por iso, deberase asegurar o seu correcto deseño, o seu uso restrinxido a persoal adestrado especificamente, así como o seu adecuado estado de conservación e mantemento.

NTP 1.161

Os principais riscos derivados da utilización das escalas poden ser debidos tanto a unhas deficientes condicións materiais do lugar de traballo, como a fallos no deseño, instalación e mantemento da mesma, así como a actos inseguros do propio traballador/a. A continuación indícase, a modo orientativo, unha relación non exhaustiva dos principais riscos e os seus factores de risco relacionados:

Caída de altura debida a:

Banzos en mal estado ou sucios. Ausencia de agarres laterais ou asideros en escalas integradas para acceder e saír. Ausencia da prolongación dos traveseiros ata 1 m por encima do nivel da zona de saída. Ocos non protexidos ou desembarcos perigosos. Falta de rixidez e estabilidade do sistema de escala. Protección circundante en mal estado ou mal deseñada. Elementos do sistema de protección individual contra caídas de altura en mal estado. Utilización dun arnés anticaídas con conector ou elemento de amarre incompatible co dispositivo anticaídas deslizante. Formación insuficiente do traballador/a na utilización dun dispositivo anticaídas deslizante con liña de ancoraxe ríxida. Falta de visibilidade. Utilizar a escala levando cargas excesivas en mochila, cinto portaferramentas, etc. Utilizar a escala sen ter as dúas mans libres. Subir ou baixar de forma rápida. Saltar desde algún banzo da escaleira. Tentar alcanzar zonas de traballo separadas dos traveseiros producindo un desprazamento do centro de gravidade do operario orixinando o seu desequilibrio ata a súa caída.

Golpes, cortes e caída de obxectos:

Banzos ou traveseiros con achas, esquinas ou arestas cortantes, rebabas de soldaduras metálicas, etc. Non utilización dun equipo de protección individual (EPI) para as mans ou selección incorrecta do mesmo. Contacto coa gaiola de seguridade. Caída de materiais ou obxectos durante o uso por máis dunha persoa. Non utilización de casco de altas prestacións. Golpe ou cizallamiento con partes móbiles da escala (portas, trampillas…).

Malas posturas e sobreesforzos:

Ao subir ou baixar pola escala en posturas inadecuadas. Debido ás dimensións do lugar de traballo. Subir ou baixar pola escala portando cargas pesadas. Esforzo físico importante ao franquear alturas totais elevadas. Esvaróns e patinazos. Mal estado ou sucidade dos banzos ou pates. Inadecuada selección ou non utilización do calzado de uso profesional.

Contactos eléctricos:

• Directos: por presenza de liñas eléctricas en tensión accesibles situadas nas proximidades da escala.

• Indirectos: por correntes de indución, derivacións, etc. en escalas que non están postas a terra

Ligazón á NTP 1.160 Escalas fixas de servizo I

Ligazón á NTP 1.161 Escalas fixas de servizo II

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS