Co financiamento de:
/ Portada / Riscos específicos

Un xuíz condena a Uralita pola morte da muller dun empregado

12-12-2014 - AMIANTO

Un xuíz de Barcelona condenou ao fabricante de materiais de construción Uralita a indemnizar con 86.276 euros a un antigo empregado pola morte da súa muller, que faleceu en 2011 como consecuencia da exposición ao amianto impregnado na roupa do seu marido.

O home traballou durante 29 anos na fábrica de Rocalla en Castelldefels, que foi absorbida por Uralita 12 anos despois de que este deixase a empresa. A compañía non se encargou do lavado da roupa de traballo durante este tempo, malia que a autoridade laboral e a Inspección de Traballo llo requiriron en diferentes ocasións.

Tampouco cumpriu coa obriga de habilitar dous despachos por empregado para manter as vestimentas laborais separadas das de rúa. O traballador levaba as súas pezas á casa, onde a súa muller as lavaba.

O Xulgado do Social número 14 da capital catalá considerou probado que o mesioteloma metastásico que provocou a morte da vítima tivo como orixe a inhalación de fibras de amianto adheridas á roupa do seu marido.

Nun caso similar, Uralita enfróntase en Madrid á demanda de familiares de catro amas de casa falecidas por inhalación de amianto. As mulleres falecidas entraron en contacto co amianto ao lavar a roupa de traballo dos seus maridos, todos eles traballadores da fábrica de Uralita en Getafe.

Neste xuízo son catro os esposas de traballadores da fábrica que Uralita tiña en Getafe. Tres delas faleceron como consecuencia dun Mesotelioma, tipo de cancro no pulmón provocado exclusivamente polo amianto, e a cuarta por insuficiencia respiratoria provocada por asbestosis e fibrose pulmonar, dúas enfermidades relacionadas co amianto. Dáse a circunstancia que as tres falecidas morreron nos tres meses posteriores ao diagnóstico.

Segundo os testemuños de antigos traballadores, os seus responsables nunca lles advertiron de que o produto era nocivo, nin tampouco se lles facilitou máscaras de protección. "Non había sistema de aspiración, quitabamos o amianto sacudindo o mono. Cando caía ao chan, varriámolo cun cepillo de breixo”, relatou un deles. A multinacional escúdase en que a normativa de seguridade para este material non entrou en vigor ata 1982. A partir dese momento, determínase que o lavado dos uniformes debe realizarse na fábrica.

A demanda foi presentada en xuño de 2013 e admitida a trámite en xaneiro de 2014. En maio pasado intentouse un acordo nunha audiencia previa, pero ao non se alcanzar o xuíz terá que dirimir.

As falecidas e as súas familias pertencen á Asociación de Vítimas do Amianto de Madrid (AVIDA). En canto ás indemnizacións, os familiares reclaman, en aplicación do baremo de accidentes, un total de 75.000 euros para os viúvos e 10.000 euros para cada fillo.

O xuízo tivo lugar o pasado 27 de novembro nos Xulgados de Primera Instancia de Madrid e quedou visto para sentenza.

 

Fonte: O País e Avida

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS