Co financiamento de:
/ Portada / Riscos específicos

O Comité de Avaliación de Riscos de ECHA recomenda valores límite ambientais no traballo para o benceno, o acrilonitrilo e os compostos de níquel

18-05-2018 - Axencia Europea de Substancias e Mesturas Químicas

Os valores recomendados son moito máis baixos, e polo tanto moito máis esixentes, que os actualmente vixentes no Estado español. Na súa reunión de marzo, o Comité de Avaliación de Riscos (RAC) da Axencia Europea de Substancias e Mesturas Químicas (ECHA) tamén recomendou os límites de exposición ocupacional (OEL) para outras dúas substancias: níquel e os seus compostos e acrilonitrilo. Estas opinións conclúen a resposta á Comisión Europea, que por primeira vez solicitou ao RAC que avaliase a base científica para estabelecer os OEL.

O benceno é un carcinógeno xenotóxico, coñecido por causar leucemia. O RAC opina que se pode usar un umbral baseado nos efectos xenotóxicos indirectos (é dicir, que non danan directamente o ADN) do benceno nos traballadore/as para estabelecer un novo límite de exposición ocupacional (OEL). O OEL proposto de 0,05 partes por millón protexerá aos traballadores/as contra a leucemia e outros efectos adversos para a saúde. A exposición ao benceno ocorre nas industrias petroleiras e químicas e tamén como resultado das emisións dos motores de gasolina e os produtos da combustión.

O RAC tamén propuxo un OEL de 0,45 partes por millón para o acrilonitrilo, un monómero utilizado en moitos plásticos. Para o níquel e os seus compostos, propuxo un OEL de 0,005 mg/m3 para po respirable e 0,03 mg/m3 para po inhalable.

As propostas baséanse nos últimos datos científicos e están suxeitas a consulta pública. Ademais, a industria e os sindicatos puideron asistir ás sesións plenarias do RAC e achegar opinións sobre os proxectos de ditame do Comité.

Estas opinións son a resposta á solicitude da Comisión Europea de marzo de 2017, para que o RAC achegase no prazo dun ano opinións científicas sobre cinco OEL para substancias químicas baixo a lexislación de Seguridade e Saúde Ocupacional, para a consideración do Comité Asesor sobre Saúde e Seguridade no Traballo da Comisión.

O asesoramento científico do RAC axudará á Comisión para modificar a existencia ou engadir novos OEL á Directiva sobre axentes carcinóxenos e mutáxenos e a protexer mellor aos traballadores/as dos produtos químicos causantes de cancro.

Os OEL establecen a concentración máxima de estas substancias presentes no aire nos lugares de traballo na UE.

No Estado español os valores LEP (límites de exposición profisional) vixentes en 2018 son 1 ppm para o benceno, 2 ppm para o acrilonitrilo e entre 1 e 0,1 mg/ m³ para os compostos de níquel, dependendo do tipo de composto.

Fonte: ECHA

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS