Co financiamento de:
/ Portada / Riscos específicos

O 3,8% das mortes por cancro de pulmón en España débese á exposición ao radon

29-07-2021 - RADON

O obxectivo principal da investigación, foi estimar a mortalidade por cancro pulmonar producida pola exposición a radon en España. Ou estudo aplica, por primeira vez, unha corrección da exposición a radon pola altura da vivenda, xa que as persoas que viven en pisos altos teñen unha menor exposición. Os resultados indican que un 3,8% de todas as mortes por cancro de pulmón débense á exposición a gas radon, pero que hai grandes diferenzas por Comunidades Autónomas: en Galiza, esta cifra chega ao 7%.

A exposición a gas radon no interior das vivendas é o segundo factor de risco do cancro de pulmón tras o tabaco e o primeiro en persoas que nunca fumaron. Este gas  radioactivo de orixe natural pódese acumular nalgunhas vivendas alcanzando concentracións que poden ser perigosas para a saúde.

Neste informe estimouse a carga de mortalidade por cancro de pulmón atribuíble á exposición a gas radon en España e por Comunidades Autónomas. Por primeira vez corrixiuse o seu efecto teniendo en cuenta a altura da vivenda, xa que as concentracións son superiores en vivendas situadas a menor altura. En España, o 3,8% de todas as mortes por cancro de pulmón débense á exposición a radon, pero hai unha gran variabilidade entre Comunidades Autónomas. GaliZa e Estremadura presentan a maior carga de mortalidade atribuíble, así un 7% e un 6,9% das mortes por cancro de pulmón, respectivamente, atribúense á exposición a radon.

A maior parte destas mortes ocorren en homes e en persoas fumadoras ou  exfumadoras. É importante desenvolver políticas de prevención e de redución da exposición a este gas, particularmente naquelas zonas máis afectadas.

Ligazón ao informe: Mortalidade atribuíble á exposición a radon residencial en España

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS