Co financiamento de:
/ Portada / Riscos específicos

A exposición ocupacional causa máis de 100.000 mortes ao ano en todo o mundo

31-07-2015 - amianto

Todas as formas de amianto, ou asbesto, están considerados como carcinóxenos humanos pola Axencia Internacional para a inventigación do cancro (IARC). Segundo unha declaración oficial presentada polo Colleguim Ramazzini (organización internacional formada por 180 expertos en saúde ambiental e ocupacional de 35 países) a exposición ao amianto causa en todo mundo unhas 107.000 mortes; dende o ano 1993 esta organización pide a prohibición total de extracción e uso do amianto.

A incidencia deste cancro varía segundo a área do mundo que se considere, dependendo da cantidade de amianto empregado nesa zona.

A epidemia por exposición a asbesto non acadará o seu máximo ata que pasen a lo menos 10 anos nos países mais industrializados, e logo de varias décadas para o resto (hai que ter en conta que a prohibición no emprego de amianto non está extendida a todos os territorios). A maior parte dos/a expostos/as non siguen unha vixilancia específica da súa saúde.

Segundo o presidente do Collegium Ramazzini, "as exposicións son 100% prevenibles, polo que o obxectivo final debe ser o de cero novos casos tanto nos países industrializados como naqueles en vías de industrailización". Así mesmo dende o Collegium recoméndase desenvolver estratexias que permitan identificar a traballadores/as expostos a amianto para realizar unha vixilancia da saúde continua dos mesmos.

The Global Health Dimensions of Asbestos and Asbestos-Related Diseases" (2015), Colleguim Ramazzini

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS