Co financiamento de:
/ Portada / PRL Sectorial

Un estudo francés amosa que o persoal cobrador de caixa está expostos a Bisfenol A

18-05-2017 - hixiene

Esta é a conclusión dun estudo realizado entre traballadores/as de empresas do sector de servizos e lecer e do persoal dunha empresa que fabrica papel de imprenta que contén BPA. A exposición está vinculada ao papel térmico empregado nos recibos de pago que manipulan os traballadores/as dos dez centros comerciais e de ocio que participaron no estudo; estos traballadores/as presentan concentracións de bisfenol A en ouriños maiores que o resto da poboación.

Dentro do estudo analizáronse os niveis de bisfenol A nas mostras de ouriños de 90 traballadoras/os de cobro en caixa de dez centros comerciais (tendas de bricolaxe, centros de xardinería, librerías, restaurantes, etc.) e de lecer (parque de atraccións) e se compararon  cos de 44 traballadores/as das mesmas empresas que non manipulaban recibos de caixa.
"Os empregados pertencentes ao grupo de expostos presentaron niveis de BPA significativamente máis altos que os empregados do grupo testemuña", segundo os investigadores.
Así mesmo, os empregados da empresa papeleira mostraron niveis de BPA dez veces superiores ás dos caixeiros. Ademais da exposición por vía cutánea, os traballadores/as da papeleira tamén se contaminaban vía inhalación, a causa do po.

Aínda que a tendencia é a sustitución do bisfenol A (BPA) por outro tipo de compostos, este empregouse durante máis de 50 anos na produción de plástico de policarbonato, resinas epoxídicas e en papeis térmicos como recibos, recibos de cartóns de crédito e etiquetas adhesivas. O BPA está considerado como disruptor endocrino e os seus efectos nocivos poden presentarse en doses de exposición baixas.

O BPA podería pronto incluírse na relación de produtos químicos cuxo uso está restrinxido no mercado europeo (Anexo XVII do REACH) que prohibiría poñer no mercado papel térmico cun contido en BPA  igual ou superior a 0,2% en peso.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS