Co financiamento de:
/ Portada / PRL Sectorial

O INSS recoñece a invalidez permanente absoluta derivada de enfermidade profesional a un traballador xubilado afectado de cancro de larinxe.

13-09-2016 - Amianto

Dende decembro do ano pasado, o cancro de larinxe está incluído no cadro de enfermidades profesionais (BOE do 19 de decembro de 2015). No caso deste traballador xubilado do naval ferrolano, este cambio supón que a invalidez permanente absoluta que ten recoñecida deriva dunha enfermidade profesional causada pola exposición a amianto (que estivo presente en traballos realizados na industria naval ferrolán e que deu lugar a numerosas reclamacións na comarca por parte de afectados por carcinoma de pulmón).

O recoñecemento da doenza como enfermidade profesional solicitado ao INSS, reportará ao extraballador unha mellora na pensión e abre a vía a reclamar a través do Xulgado unha indemnización por danos e prexuízos, de igual xeito das que se tramitaron e aboaron nos casos de traballadores afectados por cancro de pulmón. As indemnizacións estabelecidas para estos casos ríxense polo baremo relativo aos accidentes de tráfico, recentemente revisadas á alza.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS