Co financiamento de:
/ Portada / PRL Sectorial

Garantir un traballo decente para o persoal de enfermaría e o persoal traballador doméstico, actores claves na economía do coidado de persoas

06-04-2022 - OIT. Conferencia Internacional do Traballo 110ª reunión, 2022

A Comisión espera que este Estudo Xeral contribúa á elaboración e aplicación eficaz de medidas polos Estados Membros da OIT, en consulta cos interlocutores sociais, a fin de mellorar a situación do persoal de enfermería, as traballadoras domésticas e outro persoal traballador da economía do coidado de persoas, promover o respecto dos seus dereitos laborais e asegurar o seu acceso ao traballo decente.

De conformidade co enfoque definido polo Consello de Administración nas súas discusións, o Estudo Xeral estrutúrase da maneira seguinte: no capítulo 1 proporciónase un panorama xeral da economía do coidado de persoas, e se define en que consiste e quen son as traballadoras/es do coidado. Examínanse as características da forza do traballo da economía do coidado, como a elevada  feminización do traballo do coidado, o gran número de traballadoras/es do coidado con emprego informal e os importantes fluxos migratorios entre as traballadoras/es do coidado.

A continuación, nos capítulos 2 a 6 examínanse as disposicións do Convenio núm. 149 e da Recomendación núm. 157, así como asuntos de actualidade relativos ao persoal de enfermería. Nos capítulos 7 a 10 examínanse as disposicións do Convenio núm.189 e da Recomendación núm. 201, e abórdanse os problemas específicos que afrontan as traballadoras/es domésticas, en particular as traballadoras domésticas migrantes.

Os capítulos 11 e 12 versan sobre cuestións de especial interese para o persoal de enfermería ou os traballadores/as domésticos ou ambos os grupos. O capítulo 11, céntrase en cuestións relacionadas co ciclo migratorio das enfermeiras e enfermeiros e os traballadores/as domésticos, mentres que o capítulo 12 aborda a liberdade de asociación e os dereitos de negociación colectiva.

No capítulo 13 analízase o potencial que ofrecen os instrumentos, considéranse as perspectivas de ratificación dos Convenios núms. 149 e 189, así como os obstáculos e dificultades que, segundo os Estados Membros, impiden a ratificación e aplicación deses instrumentos. Tamén se centra nas boas prácticas e nos ensinos extraídos con respecto á aplicación dos instrumentos.

Tendo en conta as diversas cuestións abarcadas polos catro instrumentos obxecto de estudo, a Comisión só examinou algunhas delas en profundidade. Outras se examinaron con menor detalle e na medida en que son pertinentes para o tema subxacente do traballo decente para o persoal traballador da economía do coidado de persoas no contexto dunha economía cambiante.

 

Ligazón ao informe: Garantir un traballo decente para o persoal de enfermaría e o persoal traballador doméstico, actores claves na economía do coidado de persoas. Conferencia Internacional do Traballo 110ª reunión, 2022.

Convenio sobre o persoal de enfermaría, 1977 (num. 149)

Recomendación sobre o persoal de enfermaría, 1977 (num. 157)

Convenio sobre as traballadoras e os traballadores domésticos, 2011 (num. 189)

Recomendación sobre as traballadoras e os traballadores domésticos, 2011, (num 201)

 

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS