Co financiamento de:
/ Portada / PRL Sectorial

Denuncian o deterioro das condicións de traballo nas empresas auxiliares do sector naval

26-03-2015 - Accidente laboral

O pasado martes tivo lugar no asteleiro de Navantia un accidente laboral no que faleceu un traballador dunha compañía auxiliar. Á espera dos resultados que se desprendan do informe sobre o sucedido, a CIG Industria reclama a Navantia que esixa ás compañías auxiliares que traballan nos estaleiros, a racionalización das xornadas de traballo e o cumprimento dos acordos asinados no ano 2001.

O deterioro nas condicións de traballo que están a sufrir os traballadores/as das compañías auxiliares do sector naval nos últimos tempos materializadas en longas xornadas, diminución de salarios, etc.,  están a incidir negativamente na sinistralidade laboral que padece o sector.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS