Co financiamento de:
/ Portada / IDi

Conversión de residuos de caucho en produtos de calidade

10-12-2012 - I+D+i

Unha investigación pioneira podería cambiar drasticamente o concepto de «infraciclaxe» (downcycling) e así abrir a porta a plásticos novos de gran calidade a partir de plásticos vellos. Este progreso podería ser posible grazas a un novo tipo de material: unha mestura de materiais respectuosa co medio denominada EPMT.

O «infraciclaxe» é o proceso de conversión de materiais de refugallo ou produtos inútiles noutro material ou produto de menor calidade, é dicir, a conversión de, por exemplo, unha botella de plástico noutro produto de peor calidade, ou residuos de caucho en recubrimentos para o chan ou en almofadados de seguridade.

Cada día procésanse en todo o mundo ata 22 millóns de toneladas de caucho, e unha boa proporción destínase á produción de rodas de vehículos.

Cando os produtos completan o seu ciclo de vida útil adoitan rematar nunha incineradora. No mellor dos casos o caucho recíclase para crear produtos secundarios.

Convertido en po, os residuos adóitanse empregar nas cubertas para chans dos polideportivos e os parques infantís e nos felpudos. Ata agora non existían técnicas adecuadas para producir materiais de alta calidade a partir destes produtos de reciclado.

Investigadores do «Instituto Fraunhofer de Tecnología do Medio, a Seguridade e a Enerxía» (UMSICHT) en Oberhausen (Alemaña) lograron optimizar o reciclado dos materiais extraídos do caucho de refugallo.

Desenvolveron un material transformable en produtos de alta calidade como cubertas de roda e gardalamas, asas, tiradores e rodas articuladas. Os novos compostos de plástico denomínanse «termoplásticos modificados con elastómero en po» (EPMT). Están compostos de residuos de caucho moídos ata crear un elastómero en po que se mestura con distintos termoplásticos.

O Dr. Holger Wack, científico de UMSICHT, explicou o proceso de produción: «No primeiro paso granúlanse os residuos de caucho, que poden ser pezas de metros de lonxitude, ata crear partículas de tres milímetros. Estas partículas arrefríanse con nitróxeno líquido e móense ata crear un elastómero en po. A continuación atravesan un proceso de fundido e mestura ao que se engaden termoplásticos e aditivos. Un dos materiais termoplásticos empregados é por exemplo o polipropileno [PP].»

O Dr. Holger Wack colaborou con Damian Hintemann e Nina Kloster no proxecto «EXIST Research Transfer» financiado polo Ministerio Federal Alemán de Economía e Tecnoloxía (BMWi). Xuntos experimentaron con varias fórmulas para obter mesturas novas de materiais que xa foron obxecto de varias patentes e marcas rexistradas.

«O composto EPMT é innovador de moitas maneiras. O proceso de moído do caucho resulta máis respectuoso co medio e máis eficiente dende o punto de vista dos recursos que a fabricación de novos produtos de caucho, un aspecto importante se se ten en conta o aumento dos custos económicos e enerxéticos das materias primas. O EPMT podería conter ata un 80% de caucho residual. Só o 20% restante está composto por termoplásticos», afirmou o Dr. Wack.

O EPMT pode procesarse doadamente en moldes por inxección e máquinas de extrusión e ademais os produtos resultantes tamén son reciclables. A clave radica en que as propiedades mecánicas e físicas do material, como a elasticidade, o alongamento de rotura e a dureza, poden modificarse por vontade do cliente.»

 

Fonte: cordis.europa.eu

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS