Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Un xulgado do social recoñece unha incapacidade permanente por burnout

18-04-2016 - SENTENZA

O Xulgado do Social 10 das Palmas estimou a demanda dunha matrona de 40 anos contra o Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS) e recoñécelle a incapacidade permanente total por presentar o “síndrome de burnout” (síndrome de “estar queimado”).

A sentenza sinala que a traballadora padecía dende hai varios anos un cadro ansioso-depresivo, con “sintomatoloxía de estirpe ansiosa, con tensión, irritabilidade, desespero, inquietude, sintomatoloxía psicosomática, á vez que un esgotamento progresivo, en gran medida derivado da súa tensión e dos seus trastornos de soño, con visión pesimista fronte á posibilidade de poder continuar na súa actual contorna e de sentirse incomprendida, incremento dos problemas na súa contorna inmediata, que afectaban de forma notable ás súas relacións interpersoais e vida familiar”.

Logo de varios procesos de baixa laboral nos últimos anos,  de loitar contra actitudes por parte da Dirección do Hospital que define como de “acoso” e  “a existencia dun desgaste mantido no tempo que fora minando os seus mecanismos persoais de defensa, con repercusión en áreas engadidas da súa vida, fóra da estritamente laboral”, o xuíz consideroulle probado que a traballadora padece unha clara síndrome de burnout e recoñeceulle unha incapacidade permanente (que previamente fora denegada polo INSS).

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS