Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Un de cada dez accidentes laborais é un accidente de tráfico

05-12-2011 - Seguridade

Esta realidade afecta directamente a preto de 65.000 persoas ao ano no Estado español e provoca 264 mortes anuais, segundo datos de FUNDACIÓN MAPFRE correspondentes a 2010.

Estas son algunhas das cifras que se presentaron en Madrid no transcurso da Xornada Internacional PRAISE,que inaugurou Pere Navarro, Director Xeral de Tráfico; Filomeno Mira, Vicepresidente de FUNDACION MAPFRE, e Antonio Avenoso, Director Executivo do EuropeanTraffic Safety Council (ETSC).

Pere Navarro destacou que diariamente se producen no Estado español 178 accidentes laborais de tráfico e que cada semana morren cinco traballadores por este motivo. Para contribuír á redución da sinistralidade viaria laboral, o Director Xeral de Tráficoha insistido no importante papel que teñen as empresas á hora de desenvolver programas de educación, formación e información para, entre todos, contribuír a reducir os accidentes laborais viarios. "España é o país europeo que mellor está a traballar para reducir a sinistralidade e que máis está a achegar á Comisión Europea sobre como facer fronte aos accidentes de tráfico relacionados co traballo", suliñou Pere Navarro.

O obxectivo deste encontro, no que participaron compañías españolas como Grupo Uralita, 3M Iberia, e Alsa, e outras europeas, como SwissCom, é facilitar o intercambio de boas prácticas entre as empresas, analizar as iniciativas que máis éxito están a ter á hora de concienciar ás organizacións e investigar en profundidade as causas que provocan os accidentes laborais para poder contribuír á súa prevención.

Estímase que na Unión Europea, o 40% dos accidentes de traballo mortais son accidentes de tráfico, unha porcentaxe que se incrementa se se inclúen os accidentes "in itinere", aqueles que se producen no traxecto de casa ao traballo ou viceversa. En España, un 29% dos accidentes mortais que se producen durante a xornada laboral son accidentes de tráfico. Para previlos, FUNDACIÓN MAPFRE recomenda, entre outras medidas, traballar na formación dos grupos de maior risco como motoristas, condutores de furgonetas e de todoterreo e implantar plans de mobilidade na empresa "para que os empregados coñezan os principais aspectos da seguridade viaria no ámbito laboral, utilicen as rutas máis seguras nos seus desprazamentos e adopten as medidas necesarias", destacou Julio Laria, Director Xeral do Instituto de Seguridade Viaria de FUNDACIÓN MAPFRE.

O European Transport Safety Council puxo en marcha en 2009 o proxecto "PRAISE", dirixido a previr as lesións e os accidentes de tráfico dos traballadores. O seu Director, Antonio Avenoso, suliñou durante a xornada que España está a traballar de maneira exemplar nesta materia, o que permitiu que teñamos reducido nun 56% o número de accidentes de tráfico producidos nos últimos anos, unha porcentaxe moi por encima da media europea. "A seguridade vial relacionada co traballo é todo un reto en Europa, que esixe o compromiso por parte de todos os actores involucrados", sinalou Antonio Avenoso.

 

Fonte de Datos: riesgolaboral.org

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS