Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Un ataque de lumbago no vestiario antes de comezar a traballar é accidente laboral

17-07-2019 - SENTENZA

O Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco (TSXPV) recoñeceu como accidente laboral o ataque de lumbago que unha auxiliar de enfermería sufriu no vestiario xusto antes de comezar a súa quenda, cando se estaba a poñer o uniforme.

A traballadora tivo que estar de baixa entre o 16 de agosto e o 26 de setembro de 2017, período que a sentenza estima que ten que ser recoñecido como incapacidade por accidente de traballo e non por enfermidade común.

A resolución xudicial considera en primeiro lugar o vestiario como un lugar de traballo no que se estaba a levar a cabo unha previa e "absolutamente necesaria" fase de preparación para o desenvolvemento laboral, na medida en que existe a obriga de levar un determinado uniforme no posto de traballo.

Neste sentido a sentenza estima que a patoloxía sufrida presenta unha"conexión clara" coa execución da súa desempeño laboral, e establece textualmente que "abonda con que haxa certo grao de concorrencia  causal, sen que sexa necesario que o traballo sexa a causa maior, próxima ou exclusiva da patoloxía".

Acudir ao vestiario para poñerse o uniforme co que se ha de realizar a quenda de traballo considérase unha actividade "normal" da vida do traballo e, por tanto, unha condición sen a que non se produciu o episodio de lumbalxia no presente caso.

Nesa medida, o accidente prodúcese no lugar de traballo e con ocasión do mesmo "realizando unha actividade preparatoria e imposta polo propio quefacer profesional, como é o vestido da uniformidade laboral que proporciona o empregador", segundo a resolución.

 

telecinco.es

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS