Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Un accidente laboral grave vai a xuízo nove anos despois

30-05-2012 - ACCIDENTE LABORAL

Un grave sinistro laboral acontecido na cidade en 2003 que deixou cunha incapacidade permanente total a un peón dunha empresa de construción, J.L.Y.S., chegará a xuízo a finais de mes ao Xulgado do Penal 2 de Ourense, tras transcorrer nove anos do suceso.

 

Ourense - A vítima estaba subida a unha estada que incumpría a normativa de seguridade co fin de desencofrar unha rampla dunhas escaleiras.

 

O fiscal do caso acusa o representante legal da empresa construtora, así como ao que ostentaba o cargo de encargado de obra cando aconteceu o incidente, ademais de aos arquitectos técnico e superior desta, pola súa presunta implicación no sinistro. Todos eles, xunto a un quinto procesado, que supostamente impartía tamén ordes de traballo na obra, sentaranse no banco dos acusados deste órgano xudicial.


Os feitos que chegarán a xuízo aconteceron o 18 de febreiro do citado ano en Ourense, nun inmoble emprazado entre os números 37 e 39 que debía ser derruído para a posterior construción dunha nova edificación. Ese día, a vítima estaba subida a unha estada que incumpría a normativa de seguridade co fin de desencofrar unha rampla dunhas escaleiras.



A táboas deste, soltas e cunha anchura inferior aos 60 centímetros, segundo o fiscal, estaban apoiadas a máis dun metro de altura sobre un chanzo da escaleira por un lado e sobre un cabalete de ferro sen ancorar no outro, de forma ilegal. Ademais destas anomalías, que segundo a acusación non foron corrixidas por ningún dos acusados malia a súa continuidade no tempo, debaixo da plataforma acumulábase entullo e puntais. Así, tras perder o equilibrio caeu sobre os cascotes que procedían do derrubamento da parede sobre a que traballaba e sufriu lesións graves (tiña 42 anos). Ata tal punto que, segundo a acusación particular, o peón ten a día de hoxe unha 'grande invalidez'.



O fiscal pide un ano e 10 meses de cárcere para os imputados ademais de reclamar unha indemnización de 94.800 euros para o traballador. A acusación particular, dous anos de prisión para estes catro acusados, así como 411.000 euros para a vítima.

 

A Región.es

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS