Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Suecia denunciará a Comisión Europea ante o Tribunal de Xustiza polo retraso na regulación dos disruptores endócrinos

13-06-2014 - HIXIENE

Tras o anuncio feito en febreiro deste ano por Lena Ek, a ministra sueca de Medio, de que se nun prazo de dous meses a Comisión Europea non actuaba en relación cos disruptores endócrinos, o seu país a denunciaría ante o Tribunal de Xustiza por atraso indebido nas súas actuacións.

Transcorrido o prazo sen que a Comisión actuase, Lena Ek anunciou o 22 de maio que o seu país vai presentar a demanda para forzar Á Comisión a acelerar os traballos sobre a identificación e a prohibición dos disruptores endócrinos.

Lena Ek dixo que a Comisión debía ter elaborado criterios para os ensaios das substancias sospeitosas de ser disruptores endócrinos, que se encontran en multitude de produtos, dende alimentos e produtos de limpeza aos envases de plástico, antes de decembro de 2013.

"Decidimos demandar Á Comisión porque queremos que o Tribunal obrigue á Comisión a emitir os criterios científicos para que poidamos empezar a avanzar cara a unha sociedade libre de tóxicos" dixo Ek a Reuters.

Un voceiro da Comisión Europea dixo que era consciente das preocupacións de Suecia sobre os disruptores endócrinos. "Tomamos o asunto moi en serio e estamos a facer grandes esforzos para facer fronte á nosa responsabilidade", dixo.

Dixo tamén que a Comisión está a tratar de establecer cales son os criterios que debe utilizar para xulgar o seu impacto sobre o medio e que o seu uso na protección das plantas, por exemplo, xa se regulou.

A última vez que Suecia preiteou contra a Comisión foi hai dez anos, nunha batalla sobre as cotas de pesca de bacallau, que Suecia perdeu.

 

Fonte: Euractiv e The Local

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS