Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

Recoñece como tempo de traballo o tempo de garda domiciliaria

23-02-2018 - Tribunal de Xustiza da UE

A sentenza resolve unha consulta prexudicial prantexada polo Tribunal Laboral Superior de Bruselas sobre o caso dun bombeiro belga que solicitaba que se recoñeceran como horas de traballo o tempo que está de garda. En concreto, se preguntaba se os servizos de garda domiciliaria poden considerarse comprendidos na definición de tempo de traballo estabelecida na Directiva 2003/88/CE relativa a determinados aspectos da ordenación do tempo de traballo.

Na sentenza o Trubunal de Xustiza da UE lembra que os Estados membros teñen a facultade de adoptar, nos seus ordenamentos xurídicos, disposicións que estabelezan unha duración do tempo de traballo e dos períodos de descanso máis favorable para os traballadores/as que a determinada por esta Directiva, e que a Directiva non regula a cuestión da retribución dos traballadores/as, polo que os Estados da UE poden estabelecer que a retribución dun traballador/a durante o «tempo de traballo» non sexa a mesma que a dun traballador/a en «período de descanso», ata o punto de que poden non recoñecer retribución algunha durante este último período.

O tribunal europeo aclara que o tempo de garda que un traballador/a pasa no seu domicilio coa obriga de responder as convocatorias do seu empresario/a nun prazo de oito minutos, considerando que este prazo restrinxe considerablemente a posibilidade de realizar outras actividades, debe considerarse "tempo de traballo". O factor determinante para facer esta cualificación de acordo coa Directiva, é o feito de que o traballador/a estea obrigado a acharse fisicamente presente no lugar determinado polo empresario/a e a permanecer a disposición para poder prestar os seus servizos inmediatamente en caso de necesidade.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS