Co financiamento de:
/ Portada / Delegados

O número de accidentes laborais increméntase un 5,8% con respecto ao ano anterior

29-04-2016 - Sinistralidade

Segundo un informe realizado por Randstad con motivo do Día Mundial da Seguridade e a Saúde No Traballo, no que se analizan os datos publicados polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social na última década (de 2006 a 2015), por sectores e comunidades autónomas, no último ano producíronse 449.223 accidentes laborais, o que supón un incremento do 5.8% respecto á cifra rexistrada en 2015.

No ano 2007 a sinistralidade laboral no Estado español acadou a cifra máis alta da última década, superando os 924.000 accidentes; a partires dese ano, os accidentes diminuiron durante seis anos consecutivos ata o 2013.

Se temos en consideración a tasa de incidencia, este indicador ten aumentado de xeito constante dende 2012; se valoramos este indicador respecto ao ano 2014 a tasa creceu un 2,5% no 2015.

Atendendo aos diferentes sectores, o informe indica que todos incrementaron o número de accidentes, suliñando o sector agrario (no que o incremento é do 6,6%), seguido da industria (5,1%), construción (4,1%) e servizos (1,1%). En termos absolutos, durante o 2015 o sector servizos (que ocupa a tres de cada catro traballadores/as no Estado) é o que máis accidentes rexistra (276.207), seguido de industria (93.721), construción (47.228) e agricultura (32.057).

En relación ao índice de incidencia, o sector da construción é o que alcanza unha maior taxa (con 6.574 accidentes por cada 100.000 profesionais), seguido de agricultura (5.085) e industria (5.024). Neste senso o sector agrario acadou a taxa máis elevada de toda a serie histórica. O sector sevizos ocupa a última posición (2.541).

O informe considera tamén o lugar xeográfico onde os profesionais realizan a súa actividade, revelándose que os accidentes laborais creceron en todas as Comunidades Autónomas no último ano. Así A Rioxa e Murcia son as que presenta un maior incremento de accidentes en xornada laboral, un 15% e un 13,3% respectivamente. Aragón, Comunitat Valenciana e Baleares crecen en torno ao 10%. A continuación  Extremadura, Castela-A Mancha, Castela - León, Cantabria e Andalucía. Todas amosan un incremento superior ao da media estatal (5,8%). No caso contrario están Canarias, Catalunya e Asturias, con un incremento menor al 4%.

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS