Financiado por:
/ Portada / Delegados

O Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco corrixe a un Xulgado do Social e ditamina que un traballador morreu de enfermidade profesional por amianto, non por ser fumador

19-05-2023 - SENTENZA

O Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco (TSXPV) recoñeceu á esposa dun extraballador da empresa de acería dedicada á fundición unha pensión de viuvez derivada de enfermidade profesional por exposición a amianto. O Tribunal considera que o amianto e o tabaco actúan de modo sinérxico e que o hábito tabáquico non exclúe de ningún modo a orixe laboral da enfermidade

O Tribunal da Sala do social estimou o recurso de suplicación que interpuxo, contra a sentenza do Xulgado do Social número 4 de Donostia (San Sebastián), que desestimou a súa demanda e establecía como causa do falecemento o feito de que o traballador fose fumador.

En consecuencia, o alto Tribunal do País Vasco corrixe ao Xulgado do Social número 4 de Donostia, que en xuño de 2022 negara ese dereito á viúva alegando, entre outras cousas, que o traballador falecido “fumaba e tiña un importante hábito tabáquico”.

“Habemos de revogar o criterio da instancia e considerar que a doenza do traballador, de carcinoma microcítico de pulmón, pola que faleceu, deriva de enfermidade neoplásica de pulmón, ha de ser cualificada de enfermidade profesional, por máis que o mesmo fose fumador”, ditamina o alto Tribunal do País Vasco.

Así, o TSXPV estima a demanda da viúva contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a mutua Mutualia e as empresas Sidecor Aceiros Especiais, S.L. e Cie Automotive, S. a., (sucesoras de Patricio Echeverría) e declara que a continxencia da que derivou o falecemento do seu marido é a de enfermidade profesional, polo que a súa pensión de viuvez debe ser en contía do 52% da base reguladora de 2.965,46 euros ao mes, sendo responsables do seu abono o INSS nun 87,17% e Mutualia nun 12,83%.

A sentenza ditouse o pasado 21 de marzo (758/2023). A resolución non é firme, pois contra a mesma cabe recurso de casación diante do Tribunal Supremo para unificación de doutrina.

Fontes: https://www.prevencionintegral.com/ https://confilegal.com/

Empregamos cookies de terceiros para xenerar estatísticas da audiencia (GOOGLE ANALITICS), para o traductor de idiomas (GOOGLE), acollido a “Privacy Shield”.
Se continuas navegando estarás aceitando o seu emprego. Aceptar | Mais información
Confederación Intersindical Galega - Miguel Ferro Caaveiro 10, Santiago de Compostela Versión anterior da páxina Foros Biblioteca Privacidade RSS